Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.126

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 312/2001, do 17 de decembro, polo que se dispón que cese Aurelio Miras Portugal como secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de decembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Aurelio Miras Portugal como secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Santiago de Compostela, dezasete de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública