Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 16.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-51/2001 incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir

do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decemebro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 29 de outubro de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: nº P-51/2001.

Denunciado: Alejandro Borrajo Comesaña.

DNI: 36121239-S.

Enderez: r/ Poeta Añón, nº 61. Vigo. Pontevedra.

Feito denunciado: empregar para a pesca unha embarcación que non estaba provista da preceptiva licencia ou matrícula expedida pola Consellería de Medio Ambiente. Feitos constatados o día 18-3-2001, ás 9.35 h no río Miño-encoro de Belesar. Friamonde. Taboada. Lugo.

Precepto sancionador: 34.2º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercico de esta actividade por un período dun ano.