Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 16.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación Técnicos Superiores en Archivo y Documentación Sanitaria (Tesda).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depo

sitados a acta de constitución e os estatutos da asociación Técnicos Superiores en Archivo y Documentación Sanitaria (Tesda), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas que acrediten exercer como técnicos superiores en documentación sanitaria.

Asinan a acta de constitución: Raquel Pérez Souto e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais