Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 16.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación de Técnicos Especialistas en Prótesis Dental de Galicia (ATEPDG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 8 de novembro de 2001, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Jorge Antonio Pérez Blanco, avalada co visto e prace do presidente, Alberto Guitián Iglesias, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral, que tivo lugar en Santiago de Compostela o día 18 de novembro de 2000, e que consiste no traslado do domicilio social da asociación á rúa da Praza, 18 baixo, no Grove (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais