Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 16.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a paralización do inicio do expediente sancionador Secretaría 243/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de paralización de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Polo que se lle comunica que, de acordo co establecido no artigo 4, punto 6 do Real decreto 1398/1993, se procede á paralización do inicio de novas actuacións administrativas mentres non se resolva o expediente 164/2001, que se iniciou neste servicio con data do 13-6-2001, contra o interesado.

Expediente sancionador Secretaría 243/2001.

Denunciado/a: Manuel y María Celi, S.L.

DNI/CIF: B 15545817.

Último enderezo coñecido: Cristóbal Colón, 40-42. Narón.

A Coruña, 25 de outubro de 2001.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña