Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 16.054

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de novembro de 2001, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Masgalán-Campo do Coco.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se

publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 22 de novembro de 2001, do que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Masgalán-Campo do Coco.

2º De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento dos concellos de Forcarei e Silleda queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria