Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 14 de decembro de 2001 Páx. 15.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva dos proxectos de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisen ocupar para a execución do parque empresarial de Vilamarín (Ourense).

Vista a documentación existente no expediente 157/2001, remitido polo delegado provincial do IGVS de Ourense, con base nos seguintes:

I. Antecedentes:

1º O delegado provincial do IGVS de Ourense remitiu o expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisen ocupar para a execución do parque empresarial de Vilamarín, de conformidade co disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

2º O Instituto Galego da Vivenda e Solo, con data do 11 de abril de 2001, acordou inicia-lo expediente de expropiación forzosa mediante o proxecto de taxación conxunta, e sometelo a información pública polo prazo dun mes, anunciándoo no xornal La Región do 27 de abril e no DOG do 26 de abril de 2001.

3º As taxacións foron notificadas individualmente ós que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulasen alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da Lei do solo de Galicia.

4º O Instituto Galego da Vivenda e Solo, mediante os seus representantes, emitiu informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas polos interesados, de conformidade co artigo 145.6º da Lei do solo de Galicia, e remite o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

II. Fundamentos xurídicos:

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade co disposto no artigo 145 da Lei do solo de Galicia.

Segundo.-O proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, ten por obxecto a execución dun parque empresarial no concello de Vilamarín.

En virtude do disposto polo artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e o artigo 54, en relación cos artigos 124 e 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a dita aprobación implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade da ocupación dos terreos incluídos no ámbito dos polígonos, resultando lexitimada a expropiación proposta.

Terceiro.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación, superficie e lindeiros.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

Cuarto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ós establecidos polos artigos 23 e seguintes da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxa

ción conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde de 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000), pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables, proponse adopta-la seguinte resolución:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución do parque empresarial de Vilamarín, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes de contestación a elas, que constan no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146.1º da Lei do solo de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6º, 7º e 8º do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146.2º da Lei do solo de Galicia).

Segundo.-Notificarlle o contido desta resolución aprobatoria do expediente ó Instituto Galego da Vivenda e Solo e, de xeito individualizado, a tódolos que aparezan como titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días, durante o que poderán manifestar por escrito ante esta Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, de conformidade co disposto polo artigo 145.7º da Lei do solo de Galicia, advertíndoos de que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia).

Terceiro.-Publicar esta resolución, así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Relación de propietarios afectados pola expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisen ocupar para a execución do parque empresarial de Vilamarín (Ourense).

predio

Titulares

Prezo xusto

7Mª José Gómez Paradela228.732
Ignacio e José Álvarez González223.440

predio

Titulares

Prezo xusto

10Sara e Mercedes Ramona Álvarez González756.168
12Sara e Mercedes Ramona Álvarez González1.714.440
14Luis Rodríguez Hermida196.980
22Luis Rodríguez Hermida603.876
25Luis Rodríguez Hermida474.516
29Luis Rodríguez Hermida375.144
31Luis Rodríguez Hermida419.244
34Luis Rodríguez Hermida255.192
44Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López944.916
45Alicia González Aranguren1.404.732
52Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López590.352
53Rosa Pérez Noguerol492.156
57Héctor Lorenzo Carballo185.220
59Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López113.484
59ªAlicia González Aranguren41.748
62Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López183.456
67ªAntonio Bóveda Bóveda411.600
68Mirta Mª Nóvoa Delgado228.144
69Josefa Cao López2.401.392
70María Pérez Vázquez688.548
79Manuela Sas Lorenzo1.365.336
92Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López303.996
93Rosa Pérez Noguerol362.208
106Mª Luisa Pérez López993.720
108Sara e Mercedes Ramona Álvarez González1.955.572
109Luis Rodríguez Hermida460.992
111José Silva Rey4.979.184
120Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López975.492
135Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López242.256
141ªRosa Rúas Rúas764.400
141bElisa Pulido Mosquera352.800
154José Silva Rey441.000
157Manuel Carballo Álvarez4.995.900
161Enrique Lorenzo Carballo135.240
162ªMª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López741.468
165Sara e Mercedes Ramona Álvarez González4.010.527
167Herdeiros de José Cougil Vázquez e Lisardo González P.13.406.368
170Herdeiros de José Cougil Vázquez e Lisardo González P.13.600.440
188Antonio Jaime Manuel Raúl González Vázquez388.668
189Mª Isabel Martínez González269.892
204Descoñecido54.096
209Descoñecido188.748

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación (artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifesta-la súa desconformidade, como se indicou no punto 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2001.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo