Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 14 de decembro de 2001 Páx. 15.951

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 7 de decembro de 2001 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Convocada, pola Orde do 21 de setembro de 2001 (DOG nº 198, do 11 de outubro), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de

Sanidade e Servicios Sociais, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, anunciada pola Orde do 21 de setembro de 2001 (DOG nº 198, do 11 de outubro de 2001).

Segundo.-Adxudicarlle destino, nos postos de traballo que se indican, ó persoal que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2001.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais