Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 14 de decembro de 2001 Páx. 15.933

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 decembro de 2001 pola que se anuncia a adxudicación de doce bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, convocada por Orde do 8 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 203, do 19 de outubro).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión do día 3 de decembro de 2001 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de doce bolsas de colaboración en diversos proxectos de investigación para desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 203, do 19 de outubro de 2001, e de conformidade co establecido na base sétima da referida orde de convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder doce bolsas de colaboración para os distintos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo I á presente resolución.

No caso de producirse algunha renuncia procederase a adxudicárlle-la mencionada bolsa a outros candidatos, se os houbese, de acordo coa relación de suplentes que se inclúe no anexo da presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base terceira da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o punto anterior será de 122.000 pesetas mensuais, coa retención fiscal que corresponda, durante o período comprendido entre o 14 e o 31 de decembro de 2001.

Terceira.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso postestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produci-la desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Director xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Apelidos e nome das/os bolseirosNIF

Proxecto I: Dimensións da identidade colectiva en Galicia
Campoy Quiles, Iván44.829.518B
Cordeiro Antepazo, Raquel78.738.287H

Suplentes:
González Portabales, Begoña53.162.108T
Canosa Carballo, Isabel44.824.720C
Vaqueiro Grandín, Nicolás76.908.226K
Otero Rodríguez, Mª Rosario76.966.013D

Proxecto II: Bibliografía da literatura galega
González Tarrela, Mar46.901.992R

Suplente:
Rodríguez Parada, Raquel36.089.433H

Proxecto III: Diccionarios de Literatura
Mascato Rey, Rosario35.448.423H

Suplentes:
Veiga Grandal, Pilar32.673.855D

Proxecto IV: Informes de Literatura
Munín Munín, Alicia33.299.904K

Suplentes:
Mirón Domínguez, Natalia33.999.070X

Proxecto V: Recuperación de textos poéticos e dramáticos galegos
Otero Domínguez, Susana76.823.097S

Suplentes:
Fariña Miranda, Carmen79.317.313L
Amigo González, Ana I.33.324.448R

Proxecto VI: Diccionario de Fraseoloxía galega
Vidal Castiñeira, Ana76.724.144P

Suplentes:
Fernández Sestelo, Mª Belén76.896.389Y
Amigo González, Ana I.33.324.448R

Proxecto VII: Corpus de referencia do galego actual
Pita Rubido, Mª Luisa76.417.503A
González Martínez, Déborah53.176.830W

Suplente:
Corral Ladra, Rocío33.997.820W
Escourido Pernas, Ana46.902.004J
Domínguez Portela, Soraya35.569.166B

Apelidos e nome das/os bolseirosNIF

Proxecto VIII: Lírica galego-portuguesa
Arbor Aldea, Mariña76.720.521L
Zapico Barbeito, Mª Pilar53.165.044S

Suplentes:
Pereira Pérez, Alexandre53.172.419F
Parrado Freire, Alexandre46.909.881R
Godón Davila, Xosé F.76.968.813A

Proxecto IX: Cantigas de Santa María
Muíña García, Milagros33.327.556G

Suplentes:
Pereira Pérez, Alexandre53.172.419F
Rodríguez Parada, Raquel36.089.433H