Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 14 de decembro de 2001 Páx. 15.933

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de novembro de 2001 pola que se lle concede autorización definitiva á Escola Familiar Agraria Fonteboa de Coristanco (A Coruña), para impartir educación secundaria obrigatoria, segundo os datos do anexo.

Examinado o expediente presentado pola Escola Familiar Agraria Fonteboa de Coristanco (A Coruña) polo que se solicita autorización definitiva para impartir 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlle autorización definitiva á Escola Familiar Agraria Fonteboa de Coristanco (A Coruña), para impartir 4 unidades de educación secundaria obrigatoria, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Mentres non se extinguen as ensinanzas de FP2, segundo o calendario de aplicación da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, poderán seguir impartindo as ensinanzas de segundo grao autorizadas.

Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente y a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación

e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Coristanco.

Localidade: San Paio.

Enderezo: Feira Nova s/n.

Código do centro: 15021974.

Denominación: Escola Familiar Agraria Fonteboa.

Titular: Federación de Escuelas Familiares Agrarias.

Composición resultante:

a) Centro de educación secundaria: -4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

b) Centro de formación profesional específica:-1 ciclo formativo de grao medio de explotacións agrarias extensivas (2 unidades para 30 alumnos/unidade).