Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 3 de decembro de 2001, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela (Lugo), pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e período executivo, polos servicios sanitarios prestados neste centro.

Por esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron dis

tintos motivos para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046-0315-95-0008142490 do Banco Gallego, nos prazos que se sinalan no artigo 20 do R.D. 1684/1990, do 20 de decembro (BOE nº 3, do 3-1-1991), polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR), modificado a través do R.D. 448/1995, do 24 de marzo (BOE nº 74, do 28 de marzo).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora, segundo o artigo 21 da Lei 11/1992, do 7 de outubro (DOG nº 200, do 14 de outubro), de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, comezarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderá interporse no prazo de 15 días, a partir do seguinte ó desta notificación, recurso de reposición ante o órgano emisor, ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste, sirva de notificación ó interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

En Burela o 3 de decembro de 2001.

Ramón Ares Rico

Director do Hospital da Costa de Burela (Lugo)

SUXEITO PASIVODNI/NIFCONCEPTOPERÍODODÉBEDA

FANI C. CARBALLO PÉREZ23682335FRA. 2001002218-2-200135.840
MANUEL VARELA ABELEDO32636792FRA. 2001002338-2-200135.840
JULIA ACEBEDO MINIERX1680748TFRA. 20010033316-2-200171.680
ALEJANDRA LOAIZA PORTELAX2996638ZFRA. 20010046613-3-200135.840
PATRICIA OJEMEX2809157YFRA. 20010072624-4-200135.840
VANESA MÉNDEZ PEDROSA13333333FRA. 20010072824-4-200135.840
ABDELLAH HAMDIX1292586DFRA. 2001010396-6-200137.166
CONCEPCIÓN PAVÓN GLEZ.34905972FRA. 20010116927-6-200137.166