A División de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme
o establecido no Decreto 64 do 15 de febreiro de 1996, do Servicio Galego de Saúde, convoca o seguinte concurso público:
1. Nome e enderezo do órgano de contratación: División de Recursos Económicos; edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 27 61. Fax 981 54 27 62.
2. a) Modalidade de adxudicación: concurso público mediante procedemento aberto.
b) Contido do contrato obxecto de licitación: construcción da fase I do Plan director do Complexo Hospitalario de Ourense por un importe de 6.892.614.789 pesetas (41.425.449,18 euros) IVE incluído.
3. a) Lugar de execución: Ourense.
b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: obras de reforma e ampliación.
c) División en lotes: non.
d) Elaboración de proxectos: non.
4. Prazo de execución: 42 meses.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: referencia fase I do Plan director do Complexo Hospitalario de Ourense. Chamar á División de Recursos Económicos do Sergas. Servicio de Xestión, teléfono 981 54 27 65.
Copistería: Copy Belén; teléfono 981 59 99 24.
6. a) Data límite de recepción de ofertas: 10-1-2002
b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: castelán e/ou galego.
7. a) De se-lo caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: 21-1-2002, a partir das 9 horas, na sala de xuntas da División de Recursos Económicos do Sergas, San Lázaro, Santiago de Compostela (A Coruña).
8. Garantías esixidas.
Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.
Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.
Constituiranse segundo o disposto no artigo 36 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Anualidades:
2001: 150.000.000 de pesetas (901.518,16 euros).
2002: 750.000.000 de pesetas (4.507.590,78 euros).
2003: 1.750.000.000 de pesetas (10.517.711,82 euros).
2004: 2.500.000.000 de pesetas (15.025.302,60 euros).
2005: 1.742.614.788 de pesetas (10.473.325,80 euros).
10. De se-lo caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicatario do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares (grupo C; subgrupo 2; categoría f).
12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.
13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Variantes: non se admitirán.
15. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó Servicio de Xestión. Subdirección Xeral de Investimentos. División de Recursos Económicos do Sergas. Telf. 981 54 27 65.
16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa:
17. Data de envío do anuncio: 19-11-2001.
18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2001.
P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos