Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2001 pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de modificación das características do aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez, promovido por Unión Fenosa Generación, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de declaración do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 18 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do

proxecto de modificación das características do aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez, promovido por Unión Fenosa Generación, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2001.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia

Resolución do 18 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de modificación das características do aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez, promovido por Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

Antecedentes

O proxecto obxecto desta declaración pretende a explotación hidroeléctrica do río Lérez no tramo comprendido entre as cotas 313 e 81. As instalacións proxectadas localízanse nos concellos de Cotobade, Campo Lameiro e Cerdedo, na provincia de Pontevedra.

O Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, polo que se regula a obriga de someter a avaliación de impacto ambiental os proxectos públicos e privados consistentes na realización de obras, instalacións ou calquera outra actividade abranguida no seu anexo.

Tendo en conta as características dos saltos proxectados, e en cumprimento do recollido no anexo do antedito Decreto 442/1990, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cualificou o proxecto como sometido a avaliación de impacto ambiental.

Na zona abranguida polo proxecto, segundo os estudios de impacto ambiental presentados, as unidades fisiográficas afectadas son bosques de repoboación de eucaliptos (fundamentalmente nas ladeiras da marxe dereita), matogueiras, carballeiras (principalmente nas ladeiras da marxe esquerda augas abaixo dos saltos nº 3, nº 4 e nº 5+6), bosques riparios e cultivos.

No anexo I resúmese o proxecto.

En cumprimento do establecido no artigo 5, punto 2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, con data do 7 de agosto de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 152), someteuse ó trámite de información pública o referido proxecto.

Con data do 4 de maio de 2001 ten entrada nesta dirección xeral o expediente ambiental remitido por Augas de Galicia, incluíndo os informes elaborados polas direccións xerais de Montes e Medio Ambiente Natural, Saúde Pública, Patrimonio Cultural e Industria; así como os certificados de información pública dos concellos de Cotobade, Cerdedo e Campo Lameiro e o da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra. Durante este trámite tense constancia da presentación de alegacións, que se resumen no anexo III.

As alegacións de carácter ambiental presentadas tivéronse en conta, no que procede, na solicitude de documentación complementaria e no condicionado desta declaración.

Con datas 16 e 28 de maio de 2001, esta dirección xeral solicítalle ó promotor a presentación de documentación complementaria, que é presentada completa con data 12 de xuño de 2001. Xunto con esta documentación preséntase un exemplar do documento titulado Proxecto de modificación de características do proxecto de concesión. Salto nº 5+6, polo que se refunden os saltos nº 5 e nº 6 nun único salto.

Con data do 11 de xullo de 2001 Augas de Galicia remite a esta dirección xeral o informe elaborado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural respecto da modificación dos saltos nº 5 e nº 6.

Con datas do 9 de agosto e 18 de setembro de 2001 recíbense os informes elaborados pola Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural en relación co salto nº 1 e a totalidade dos saltos proxectados, e con data 11 de setembro de 2001 o elaborado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural en relación co salto nº 1 (presa de Dorna).

No anexo II resúmese o contido destes informes.

Feita a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 482/1997, do 30 de decembro, formula a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de modificación das características do aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez.

O órgano substantivo para este proxecto é Augas de Galicia e o órgano ambiental a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopan os seguintes documentos presentados polo promotor:

-Proxecto de modificación das características do aproveitamento do río Lérez. Estudio de impacto ambiental. Salto nº 1. Presa de Dorna. Xuño-1999,

-Proxecto de modificación das características do aproveitamento do río Lérez. Estudio de impacto ambiental. Salto nº 2. Xuño-1999,

-Proxecto de modificación das características do aproveitamento do río Lérez. Estudio de impacto ambiental. Salto nº 3. Xuño-1999,

-Proxecto de modificación das características do aproveitamento do río Lérez. Estudio de impacto ambiental. Salto nº 4. Xuño-1999,

-Proxecto de modificación das características do aproveitamento do río Lérez. Estudio de impacto ambiental. Estudio de impacto ambiental de carácter marco ou xeral,

-Proxecto de modificación das características do aproveitamento do río Lérez. Estudio de impacto ambiental. Salto nº 5+6. Maio-2001,

-Proxecto de modificación das características do aproveitamento do río Lérez. Estudio de impacto ambiental. Documento de análise de sinerxias ambientais,

-Addenda do estudio de impacto ambiental. Xuño-2001

Así como os documentos dos organismos consultados, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer:

1) A non viabilidade ambiental dos saltos nº 5 e nº 6.

2) A viabilidade ambiental condicionada para os seguintes saltos:

-Salto nº 1 (presa de Dorna).

-Saltos nº 2, nº 3, nº 4.

-Salto nº 5+6.

As características e condicións que deben recoller estes saltos para considera-la súa viabilidade ambiental, ademais das incluídas na documentación avaliada, expóñense nos seguintes epígrafes, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o estipulado na antedita documentación e a presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

a) Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva ó proxecto de modificación das características do aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez, para os saltos en réxime de explotación fluínte, denominados: nº 1 (presa de Dorna), nº 2, nº 3, nº 4 e nº 5+6.

As características destes saltos deberán cumpri-lo seguinte:

1) Salto nº 1 (presa de Dorna):

O límite do remanso da presa non poderá supera-la coordenada UTM 29TNH459086, correspondente ó límite do coto de Cerdedo.

2) Saltos nº 2, nº 3 e nº 4:

A altura dos azudes será aquela que permita un adecuado franqueo piscícola no tramo de río afectado, de acordo co informe emitido pola Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

3) Salto nº 5+6:

A viabilidade ambiental deste salto queda condicionada ó informe definitivo que se elabore do proxecto do salto nº 5+6, unha vez avaliado o impacto sobre o patrimonio arqueolóxico.

b) Condicionado.

1. Protección da atmosfera.

1.1. Protección contra a contaminación acústica

1.1.1. Tal e como se considera na documentación, o nivel sonoro, tanto durante a fase de obras como na de explotación, non superará os límites legais establecidos no título II do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica ou, se é o caso, cos establecidos polas ordenanzas municipais dos concellos afectados.

1.1.2. Presentarase un estudio acústico para cada un dos aproveitamentos proxectados, realizado co contido e forma estipulados polo Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.

2. Protección do solo.

2.1. De carácter xeral.

2.1.1. Balizarase a zona de obras, de xeito que non se afecte maior superficie que a estrictamente necesaria. Dentro desta, balizaranse e sinalizaranse os elementos do patrimonio cultural sinalados no punto 7 desta declaración e as superficies destinadas ás instalacións auxiliares (parques de maquinaria e almacenamento de residuos).

2.1.2. A circulación de vehículos dentro da zona de obras circunscribirase ás superficies acondicionadas para o efecto, que tal e como se recolle na documentación, estarán sinalizadas.

2.1.3. Os accesos ós distintos saltos efectuaranse de acordo coa traza reflectida no plano PL2679MR1006.

2.2. Sobre a terra vexetal.

2.2.1. Garantirase a estabilidade e mantemento dos amoreamentos da terra vexetal previstos, debendo estar protexidos da posible afección das augas de escorrega e do paso de maquinaria. Estes efectuaranse dentro da zona de obras, en lugares previamente seleccionados e afastados do curso.

2.3. Sobre as zonas de préstamos e entulleiras.

Tal e como se recolle na documentación avaliada, os materiais de construcción serán subministrados por empresas legalmente establecidas.

2.3.1. No caso de crear entulleiras deberá remitirse previamente a esta dirección xeral documento no que se xustifique a súa necesidade, xunto co proxecto e plan de restauración.

2.3.2. Non se extraerán áridos no leito e nin na súa ribeira, tal e como se considera na documentación avaliada.

2.4. Sobre a erosión.

2.4.1. Durante a fase de obra, especialmente durante a construcción dos conductos forzados (saltos nº 3 e nº 5+6), cheminea de equilibrio do salto nº 5+6 e edificios das centrais, así como na ampliación dos accesos necesarios, adoptaranse os sistemas

de contención precisos co obxecto de evita-los desprendementos.

2.4.2. A revexetación das zonas afectadas polas obras deberá efectuarse progresivamente, a medida que as diferentes superficies que se vaian restaurar acaden o seu estado definitivo.

2.5. Sobre a contaminación por verteduras accidentais.

2.5.1. As superficies seleccionadas para efectua-los labores de mantemento e reparación da maquinaria contarán cos elementos de protección necesarios para evita-la afección do solo por derrame de combustibles ou aceites.

3. Protección da auga.

3.1. Sobre a calidade das augas.

3.1.1. Aplicaranse as medidas descritas na documentación avaliada co obxecto de evita-la aparición de fenómenos de eutrofización.

3.1.2. Controlarase o correcto funcionamento das balsas de decantación que está previsto instalar durante a fase de obras.

3.1.3. Durante a instalación dos conductos forzados dos saltos nº 3 e nº 5+6, así como nas ampliacións necesarias para os accesos, vixiarase que non

se modifique sensiblemente a drenaxe natural das zonas de actuación.

3.1.4. Queda prohibido o lavado de materiais nos cursos, así como calquera vertedura non autorizada previamente.

3.1.5 Durante as voaduras colocaranse mallas ou outros dispositivos que eviten a proxección de materiais.

3.1.6. No caso de deterioración da calidade da auga por verteduras, os caudais deben incrementarse ata acadar unha adecuada dilución dos productos contaminantes vertidos, de forma que se cumpran os límites recollidos no anexo V do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación de pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

3.2. Sobre os caudais.

3.2.1. Para os saltos nº 1 (presa de Dorna), nº 2, nº 3 e nº 4 o caudal ecolóxico mínimo que hai que manter non será nunca inferior a 2,0 m/s, salvo épocas nas que a achega natural sexa menor, nas que o caudal circulante será o íntegro que se produza de forma natural.

3.2.2. O caudal ecolóxico para o salto nº 5+6 corresponderá ó recollido na seguinte táboa (en m/s):

Out.Nov.Dec.Xan.Febr.MarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSet.

2,02,04,04,04,02,02,02,02,02,02,02,0

3.2.3. Instalaranse dispositivos de medida en continuo homologados para o control do caudal en cada un dos elementos do salto. Estes dispositivos deberán transmiti-los valores obtidos ata un sistema central que manteña unha base de datos en tempo real e un histórico. Este sistema central deixarase preparado para que a Administración poida acceder a estes datos a través dun ordenador remoto.

En calquera caso, instalarase un dispositivo de capacidade mediante regreta, nun lugar perfectamente visible. Na captación, e preferentemente na propia regreta, disporase a transformación das cotas en caudais, obtidas da regresión cota-caudal.

Así mesmo, deberá disporse tabelado, nun lugar visible e accesible, o caudal concesional, o réxime de caudais ecolóxicos e a súa distribución polos diferentes elementos da captación.

4. Protección da vexetación.

4.1. A eliminación da vexetación efectuarase selectivamente, de xeito que se evite a afección de exemplares que pola súa singularidade ou porte resulten de interese. Nas zonas nas que se prevexa revexetar utilizaranse sistemas de roza que favorezan a rexeneración da vexetación.

4.2. Previamente a calquera afección á vexetación de ribeira obterase autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural. Así mesmo, para a corta de arboreado realizarase por solicitude de autorización ou a comunicación de corta, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

5. Protección da fauna.

5.1. En tódalas tomas de superficie, así como na restitución, disporanse dispositivos de interdicción, de acordo co recollido na documentación ambiental. O seu deseño e características recollerá os requisitos establecidos ó respecto no artigo 82 do Regulamento de pesca fluvial (Decreto 130/1997), debendo contar co informe favorable da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural previamente á súa instalación.

5.2. A totalidade das presas, agás a presa nº 1 (presa de Dorna) deberán dotarse de escalas de peixes que garantan o paso das poboacións migradoras, tanto en ascenso como en descenso, así como de dispositivos para a liberación do caudal ecolóxico. Estes dispositivos deberán contar co informe favorable da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

5.3. Instalarase un capturadeiro de subida no salto nº 5+6, provisto de contador automático, seguindo as instruccións da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, instalacións anexas, equipamento de material e vehículo de transporte de peixes.

No resto dos saltos, e de acordo co recollido no punto a.2) desta declaración, a instalación de capturadeiros nas escalas queda condicionada ó informe conxunto que se elabore coa Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural respecto da documentación requirida no punto c.1.2.

5.4. A restitución efectuarase de forma que se disipe a enerxía da auga, co obxecto de diminuí-la súa velocidade e evita-la formación das denominadas augas brancas. Neste sentido, e no que respecta ó salto nº 5+6, distribuirase a inxección de caudais en varios puntos, ou ben, difuminarase a súa chamada a través dunha entulleira.

5.5. Deberá procederse á construcción de zonas de desove artificiais no tramo afectado polo salto nº 5+6, debendo segui-las instruccións da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, de acordo co informado por este organismo.

5.6. As liñas eléctricas estarán dotadas de dispositivos salvapaxaros ou doutros dispositivos que minimicen o risco de electrocución das aves.

5.7. A programación das obras elaborarase tendo en conta as épocas de cría da fauna sensible, considerando como tal a recollida na valoración da fauna nos estudios de impacto ambiental pola súa singularidade e vulnerabilidade, co obxecto de non producirlle perturbacións. Este aspecto deberá vir reflectido no cronograma das obras.

6. Protección da paisaxe.

6.1. As instalacións proxectadas, especialmente a cheminea de equilibrio e conducto forzado proxectados para o salto nº 5+6, os edificios das centrais e os seus cerramentos, deberán integrarse na paisaxe. Neste sentido, procederase ó apantallamento vexetal das diferentes estructuras e respectaranse as invariantes tradicionais galegas no deseño dos edificios das centrais.

7. Protección do patrimonio arqueolóxico e arquitectónico.

7.1. O máximo nivel de encoro do salto nº 1 (presa de Dorna) non asolagará as pontes (ponte medieval de Pedre e ponte de Sarrapio) e muíños inventariados na zona.

7.2. Modificarase o trazado do conducto do salto nº 3 co obxecto de non afecta-los contornos dos muíños de Abaixo e as súas canles e demais estructuras.

7.3. Procederase, previamente ó inicio das obras, á sinalización e balizamento do xacigo arqueolóxico Petroglifo do Outeiro de Arroibar.

7.4. Previamente ó inicio das obras, realizarase un estudio específico e valoración de impactos no

patrimonio cultural do salto nº 5+6. Unha vez avaliado este estudio, estableceranse as medidas protectoras ou correctoras que resulten de aplicación.

7.5. A resolución de concesión que o órgano competente formule deberá quedar condicionada ó informe que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural elabore unha vez avaliado o estudio sinalado no punto anterior.

7.6. Durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, na totalidade da superficie abranguida polo proxecto, realizarase un control e seguimento arqueolóxico, que deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Como anexo a este proxecto deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal de obra durante o transcurso desta, un plano no que figurarán as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

8. Xestión de residuos.

8.1. A totalidade dos residuos que se xeren como consecuencia da execución e explotación dos saltos deberán ser xestionados conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.

Neste sentido, os restos de biomasa vexetal serán preferentemente valorizados. No caso de depositalos no solo, procederase á súa trituración e espallado, co obxecto de facilita-la súa incorporación ó medio.

8.2. O almacenamento temporal de residuos poderá efectuarse dentro da zona de obras, en lugares previamente seleccionados. Estas zonas sinalizaranse e dotaranse dos medios necesarios para o correcto almacenamento dos residuos e para garanti-la non afección do contorno. Fóra da zona delimitada para as obras non poderá realizarse o almacenamento de residuos, independentemente da súa natureza, aínda que sexa con carácter temporal.

8.3. Os sobrantes de terra deberán ser depositados en lugares autorizados por órgano competente.

8.4. Tódolos residuos xerados durante a fase de obra deberanse retirar e xestionar previamente ó inicio da actividade.

9. Sobre a restauración.

9.1. Cando finalice a explotación do aproveitamento, procederase, con carácter xeral, ó peche das tomas, ó desmantelamento das instalacións e ó baleirado das conduccións, xestionando segundo a lexislación vixente tódolos residuos que se xeren, como poden se-los aceites da maquinaria. Así mesmo, limparanse e acondicionaranse os tramos de leito fluvial afectados pola restitución da auga ó seu nivel orixinal e recuperaranse e revexetaranse tódalas superficies afectadas.

9.2. A revexetación efectuarase na totalidade das superficies afectadas que non teñan un uso permanente, cos criterios e especies propostos na addenda do estudio de impacto ambiental. No que respecta á tipoloxía denominada T-3, as especies arbustivas corresponderán coas presentes nas zonas de afección previamente á execución do proxecto.

10. Outras medidas.

10.1. Cumprirase co establecido no artigo 75 do Regulamento de pesca fluvial respecto das variacións de caudal e da instalación de sinais acústicos e luminosos na zona de influencia de caída das presas.

10.2. Dado que na zona de afección se atopa a toma de abastecemento de auga para o Concello de Pontevedra, no caso de que se produzan verteduras accidentais de substancias perigosas ó curso, este feito deberá ser inmediatamente comunicado á Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra e á Central de Emerxencias de Galicia.

c) Documentación adicional.

O promotor presentará perante o órgano substantivo, quen pola súa vez llo remitirá a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, a imposición de medidas correctoras adicionais que se deriven, a seguinte documentación:

1. Previamente á autorización administrativa definitiva, catro (4) exemplares dun documento no que se inclúan os seguintes puntos:

1.1. Estudio específico no que se identifiquen e valoren as afeccións do salto nº 5+6 ó patrimonio arqueolóxico e arquitectónico, realizado por técnicos competentes, conforme un proxecto aprobado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Se é o caso, realizarase unha proposta de medidas protectoras e/ou correctoras. Así mesmo, deberá incorporarse a proposta de modificación do trazado do conducto do salto nº 3, de acordo co recollido no punto 7.2.

1.2. Memoria na que se desenvolva e xustifique a determinación da altura dos azudes para os saltos nº 2, nº 3 e nº 4, de xeito que se garanta o franqueo piscícola para o tramo afectado, de acordo co estipulado no punto a.2). Realizarase estudio xustificativo da solución proposta, tanto en altura como no sistema de franqueo.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó órgano substantivo o resultado desta, e o promotor non poderá proceder ó inicio das obras de cada salto ata que, unha vez resolta a concesión, non conte co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en relación coa documentación requirida no seguinte punto.

2. Previamente ó inicio das obras presentarase a seguinte documentación:

2.1. Dous (2) exemplares dun documento no que se incorporen os seguintes puntos:

2.1.1. Planos, referenciados en coordenadas UTM, a escala 1:3.000 ou maior detalle, da planta xeral e superficie de asolagamento definitiva de cada un dos saltos (recollendo as modificacións que se vaian introducir en cumprimento do estipulado nesta declaración), no que se representen e diferencien os elementos que conforman cada salto, os accesos de obra e os accesos definitivos -diferenciando a traza existente da ampliación-, e as conexións da liña eléctrica. Así mesmo, nestes planos deberán localizarse as zonas de amoreamento da terra vexetal, almacenamento de residuos e zonas destinadas para instalacións auxiliares (parque de maquinaria, de almacenamento de residuos, etcétera). Estes planos deberán contar cos textos necesarios para a súa comprensión.

2.1.2. Memoria informativa da localización de entulleiras, de acordo co indicado no punto b.2.3) desta declaración, así como da procedencia dos materias de préstamo e do formigón.

2.1.3. Descrición do sistema de tratamento seleccionado para as augas sanitarias, sinalando, se é o caso, o punto de vertedura nos planos requiridos no punto c.2.1.1.

2.1.4. Proxecto de integración paisaxística, co obxecto de dar cumprimento ó condicionado do punto b.6.1).

2.1.5. Copia da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do proxecto arqueolóxico sinalado no punto b.7.6).

2.1.6. Estudio acústico, realizado por empresa homologada, conforme o requirido no Decreto 150/1999, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica. Incluiranse medicións preoperacionais, así como definición dos criterios a seguir para a selección dos puntos de control durante as fases de obra e explotación, e a xustificación das periodicidades propostas.

2.1.7. Desenvolvemento do Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental, de forma que se acade un documento de seguimento no que, ademais de indica-los controis que se van realizar (xa recollidos na documentación avaliada e ampliados na letra d) desta declaración), se especifiquen as periodicidades da totalidade dos controis e os indicadores que se utilizarán para determina-la xeración dun impacto. Así mesmo, e no que respecta ó control da calidade das augas e do nivel sonoro, deberá incorporar planos nos que se localicen os puntos de control, xustificando a súa selección.

2.1.8. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

2.2. Tres (3) exemplares dun documento no que se incorpore a seguinte documentación:

2.2.1. Proxecto dos dispositivos para a liberación do caudal ecolóxico e de interdicción.

2.2.2. Definición dos sistemas utilizados para evita-lo efecto de chamada nas restitucións, acompañados dos planos precisos para a súa correcta avaliación.

2.2.3. Detalle e localización dos dispositivos aforadores requiridos no punto b.3.2.3) do condicionado.

2.2.4. Proxecto dos dispositivos de franqueo.

2.2.5. Proxecto de habilitación de zonas de desove para o tramo afectado polo salto nº 5+6.

2.2.6. Proxecto no que se desenvolvan as medidas compensatorias recollidas na documentación avaliada de creación de sendeiros ecolóxicos e zonas recreativas.

Ó menos 48 horas antes do inicio das obras, o promotor comunicaralle a esta dirección xeral, a través do órgano substantivo, a data de inicio destas.

Así mesmo, presentarase o cronograma previsto para a fase de obras. Na súa elaboración observarase o cumprimento do establecido nos puntos b.2.4.2) e b.5.7) do condicionado desta declaración, xunto coa documentación precisa para xustifica-lo cumprimento destes aspectos.

d) Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo, o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración. Este programa debe permitir detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da declaración, permitindo determinar ou cuantificar impactos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tódalas analíticas e medicións previstas deberán ser realizadas por empresas homologadas, e deberán incluír un informe coas conclusións que se obteñan, asinado por técnico cualificado.

No caso de obter valores elevados nos controis realizados, notificaráselle inmediatamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e, noutro caso, o promotor deberá presentar perante esta dirección xeral coa periodicidade sinalada, dous

(2) exemplares da documentación indicada a continuación:

1. Informe de obras:

1.1. Mensualmente presentarase un cronograma actualizado das obras.

1.2. Con carácter trimestral presentarase:

1.2.1. Memoria na que se recollan os controis realizados para observa-lo cumprimento do condicionado ambiental, de acordo co programa de vixilancia ambiental para a fase de obras recollido no punto 7.3 do estudio de impacto ambiental de carácter marco. Este programa deberá incluí-los seguintes aspectos:

-Protección da atmosfera: control de que se adoptan as medidas descritas para evita-la formación de po.

-Protección do solo: control de que se efectúa a separación e amoreamento da capa de terra vexetal.

-Protección da fauna.

1.2.2. Representación, en plano referenciado en coordenadas UTM a escala 1:3.000 ou maior detalle, dos avances dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto ó total, referido ós distintos elementos que o conforman, así como o lugar de toma das fotografías requiridas no seguinte punto.

1.2.3. Reportaxe fotográfica onde se reflicta o desenvolvemento dos traballos, indicando a data e hora de toma da fotografía.

2. Informe fin de obras, presentarase antes de dous (2) meses desde o remate dos traballos:

2.1. Representación, en plano referenciado en coordenadas UTM a escala 1:3.000 ou maior detalle, de tódolos elementos construídos e as zonas onde se aplicaron medidas protectoras e/ou correctoras. Sinalarase, así mesmo, o lugar de toma das fotografías requiridas no seguinte punto.

2.2. Reportaxe fotográfica das zonas nas que quedaron implantados os diversos elementos e das zonas restauradas, indicando a data e hora da toma.

2.3. Copia do certificado de calibración dos dispositivos automáticos de medida e rexistro dos caudais requiridos no punto b.3.2.3.

2.4. Memoria das incidencias acontecidas e das medidas adoptadas ó respecto.

2.5. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

3. Informe de seguimento ambiental: a partir da data de inicio da explotación presentarase con perio

dicidade semestral durante os dous primeiros anos, e anual nos seguintes, a seguinte documentación:

3.1. Memoria na que se recollan os controis realizados para observa-lo cumprimento do programa de vixilancia proposto no punto 7.4 do estudio de impacto ambiental de carácter marco. Neste programa deberase incluír:

-Control do nivel sonoro de cada salto, realizado coa totalidade das turbinas en funcionamento. Este seguimento realizarase ata que se considere que se garante a non afección por emisións sonoras.

-Reportaxe fotográfica representativa da evolución das zonas restauradas, ata que se considere que estas están consolidadas. Reflectirase nun plano o lugar de toma das fotografías.

3.2. Resultados das medicións de caudais realizadas cos dispositivos de medida. Estes resultados representaranse graficamente.

4. Informe ambiental previo ó abandono: nun prazo de seis meses previos á finalización da explotación do aproveitamento, remitirase ó órgano ambiental informe que conteña as accións previstas polo promotor para o abandono. Este será obxecto de avaliación por parte desta dirección xeral, sendo preciso informe favorable para a súa execución.

5. Informe posterior ó abandono: nun prazo máximo de dous meses contados desde o final das accións previstas para o abandono, enviarase informe que conteña a descrición detallada das accións de carácter ambiental, especialmente no relativo a residuos perigosos e elementos paisaxísticos, xunto con documento gráfico que reflicta o estado final do lugar.

e) Condicións adicionais.

1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

2. As condicións sinaladas nesta DIA son de cumprimento obrigatorio para o promotor.

Nembargantes, este poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes no aproveitamento, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

En ámbolos casos, o promotor deberá informar a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas

medidas e/ou alternativas propostas. Esta documentación remitirase nun prazo máximo de (3) meses desde a notificación da presente DIA polo órgano substantivo.

Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental. En todo caso, o promotor non poderá comeza-las obras antes de contar co acordo desta dirección xeral para o efecto.

3. Calquera cambio nos proxectos ámbito desta declaración ou na documentación avaliada que os afecte, deberá ser notificado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen procederá de acordo co recollido no anterior parágrafo.

4. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen llo comunicará ó órgano ambiental.

5. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá dictar, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non considerado actualmente.

6. Se unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo por propia iniciativa ou pola solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que sexan corrixidas.

7. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas protectoras e correctoras, así como para facer fronte ós posibles danos que se poidan causar ó medio, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro. A proposta de aval, que deberá fixa-lo órgano substantivo, establécese no 4% do orzamento de execución por contrata.

8. O incumprimento total ou parcial por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

9. Esta resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, incluí

dos, se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou normas subsidiarias.

10. O proxecto de referencia estará ó abeiro do disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

Resumo do proxecto

O obxecto do proxecto é a instalación e explotación dun total de cinco saltos hidráulicos de tipo fluínte, no tramo do río Lérez comprendido entre as cotas 313 e 81, numerados do 1 ó 6, segundo a súa posición no río, sendo o nº 1 o localizado na cota máis alta.

As características dos saltos proxectados son:

AzudeCentral

Cota coroac.Cota encoro

(NMN)

Cota leitoCota restituc.Lonxitude

coroación

Caudal (m/s)Tipo turbinas Potencia

(kW)

Salto 1319313288,3290117,630Semikaplan eixo

vertical

5.250

Salto 2292290279,525058,615+15Francis eixo

horizontal

8.700

Salto 3252250239,520539,8515+15Francis eixo

horizontal

9.500

Salto 4207205194,516045,1415+15Francis eixo

horizontal

9.800

Salto 5+6164,25160153,2815810+10Francis eixo

horizontal

2.400

As conduccións dos aproveitamentos proxéctanse:

* Salto nº 1: central pé de presa.

* Salto nº 2: túnel de 663 m de lonxitude e 3,6 m de diámetro.

* Salto nº 3: túnel de 319 m de lonxitude e 3,6 m de diámetro, seguido de conducto soterrado de 442 m e 3,2 m de diámetro.

* Salto nº 4: túnel de 656 m de lonxitude e 3,6 m de diámetro.

* Salto nº 5+6: túnel de 2.050 m de lonxitude e 3 m de diámetro, e conducto forzado apoiado na superficie do terreo de 50 m de lonxitude e 3 m de diámetro interior.

As coordenadas UTM dos elementos constructivos característicos son:

CoordenadasXY

Salto nº 1 Azude544.613,0304.708.525,200

Central544.688,5104.708.525,200

Salto nº 2Azude543.697,7804.708.212,690

Central544.340,6204.708.146,870

Salto nº 3Azude542.856,9404.708.267,550

Central543.570,6004.707.994,350

Salto nº 4Azude542.034,8204.708.331,330

Central542.715,8204.708.178,810

Salto nº 5+6Azude539.647,1944.707.729,432

Central541.613,2174.708.050,999

Resumo das medidas protectoras, correctoras e compensatorias.

Protección da atmosfera.

-Rega das superficies.

-Cobertura no transporte de materiais de natureza pulverulenta.

-Posta a punto de motores por servicio autorizado.

-Circulación de vehículos co escape pechado e a baixa velocidade.

-Cumprimento do disposto na Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica.

Protección do solo.

-Conservación da terra vexetal en lugares próximos ás obras.

-Paso de maquinaria sobre as rodeiras existentes.

-Control da vertedura dos cazos nos movementos de terras.

-Correcto almacenamento dos residuos xerados e retirada a vertedoiro autorizado.

-Selección dunha área para a realización das tarefas de reparación e mantemento da maquinaria, afastada dos cursos de auga.

-Deseño dos noiros para limita-la súa inestabilidade, procedendo cando sexa preciso á súa suxeición.

-Control para evita-las verteduras accidentais. En caso de accidente, retirada da vertedura o máis rápido posible.

Protección da auga.

-Mantemento das obras e instalacións, evitando filtracións e fugas de auga.

-Prohibición de extracción de recursos minerais no leito fluvial, ribeiras e zonas adxacentes. Estes materiais de construcción serán subministrados por empresas legalmente establecidas.

-As augas residuais xeradas nos servicios hixiénicos destinados ós operarios serán conducidas ata un sistema de tratamento autorizado.

-As casas de máquinas disporán dun sistema capaz de recolle-las posibles fugas de aceite dos sistemas oleohidráulicos. Instalarase un sistema de separación de fases para recupera-las augas de lavado.

-Adoptaranse as medidas adecuadas para evita-la afección ás zonas potenciais de recarga de acuíferos superficiais.

-Non se permitirá a vertedura directa dos efluíentes procedentes de sanitarios, duchas e outras instalacións, dispóndose dun sistema de depuración para o tratamento dos efluentes xerados.

-Nas zonas de asolagamento efectuarase unha roza tan profunda como sexa posible, e programarase o inicio da enchedura para o período de maiores caudais.

-Instalarase un tanque de decantación augas abaixo da zona na que se proceda á lavada de inertes.

Restauración.

-Restaurarase calquera superficie danada polas obras.

-As especies vexetais que se empreguen serán preferentemente autóctonas rexionais e de fácil implantación e dispoñibilidade no mercado, de crecemento rápido, con capacidade de formar unha cuberta densa en curto prazo e ausencia de perigo de invasión de contornos cultivados próximos.

-Nos noiros e terrapléns realizarase unha hidrosementeira (centeo, brama, dáctilo, festuca e trevo).

-Nas zonas afectadas pola construcción de estructuras e entulleiras procederase a unha hidrosementeira (centeo, brama, dáctilo, festuca e trevo) e posterior plantación de especies forestais autóctonas (carballos e castiñeiros).

-Nas ribeiras plantaranse especies forestais (pradairos, salgueiros, carballos, castiñeiros e ameneiros) en función da especie predominante en cada tramo de ribeira, xunto con de especies arbustivas.

-Pintado e ocultación de estructuras discordantes para integralas paisaxisticamente no seu contorno.

Protección da fauna.

-Construcción de capturadeiros.

-Instalación de escalas de peixes nas presas nº 3, nº 4 e nº 5+6.

-En toda obra de toma, así como na entrada do conducto, instalaranse reixas que impidan o acceso da fauna acuática, cunha luz igual ou maior de 2 cm. O deseño das reixas efectuarase para que non atrape os peixes máis pequenos de forma irreversible.

Protección do patrimonio.

-Realizarase un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito das obras proxectadas. Este control efectuarase conforme un proxecto autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

-Procederase, condicionado ó informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, ó traslado de Ponte Pedre e dos muíños de Serra, Cañote e Viñedo, á adaptación do trazado do conducto proxectado para protexe-los Muíños de Abaixo, á sinalización e balizamento do Petrogrifo de Outeiro de Arroibar.

-En función dos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha das fases, estableceranse outras medidas de protección, se así o estima conveniente a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

-Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

-Os traballos arqueolóxicos serán realizados por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

Medidas compensatorias.

-Procederase á descompactación mediante laboreo superficial dos terreos afectados polas obras que queden fóra de servicio unha vez rematadas estas.

-Almacenamento axeitado e entrega a xestor autorizado dos aceites usados recollidos dos sistemas oleohidráulicos das casas de máquinas. Non se permitirá en ningún caso a súa vertedura no terreo.

-Adoptaranse medidas para a recuperación e mantemento do hábitat e da fauna fluvial, consistentes en realizar repoboacións con troita autóctona e a recuperación (limpeza e eliminación de obstáculos) e creación de desovadoiros; todo baixo a supervisión e dirección da Consellería de Medio Ambiente e do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural de Pontevedra.

-Definición de medidas de protección dos tramos recuperados.

-Creación de sendeiros ecolóxicos en diversos tramos paralelos ó río, e zonas recreativas. Estas actuacións proxectaranse e executaranse respectando integramente o contorno da zona.

-Disposición de sinais e carteis indicadores nos que se amosen e salienten os valores naturais do contorno do río e os aproveitamentos existentes.

-Procurarase cubri-la maior parte dos empregos derivados da construcción e funcionamento do aproveitamento hidroeléctrico integral con man de obra local, realizando en caso necesario labores de formación.

ANEXO II

Resumo dos informes

* A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable, supeditado á presentación de orzamento relativo ás medidas correctoras e ó plan de vixilancia e seguimento ambiental.

* A Dirección Xeral de Saúde Pública emite informe favorable, realizando a seguinte puntualización: debido a que a captación de auga para o consumo público do Concello de Pontevedra realízase no río Lérez, se durante a fase de construcción se produce algunha vertedura accidental de substancias perigosas (aceites, lubricantes, etcétera), deberá comunicarse inmediatamente á Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra e á Central de Emerxencias de Galicia (Tlf.: 112-SOS Galicia).

* A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite informes nos que recolle:

a) En relación cos proxectos iniciais:

-Infórmanse negativamente os saltos nº 5 e 6.

-A altura do azude do encoro de Dorna debe rebaixarse, de xeito que a zona asolagada non afecte o tramo do álveo incluído na Rede Natura 2000, estando situado ó final deste tramo na coordenada UTM: 29TNH459086. A cota de máximo encoro non pode supera-la indicada por ese punto xeográfico.

-O resto dos encoros deben dotarse de escala para peixes e de dispositivos de interdicción regulamentarios, así como de dispositivos para a liberación do caudal ecolóxico. Nas escalas, estudiarase a posibilidade de instalar capturadeiros, en función das características do tramo que afecta cada presa. En todo caso, disporase un capturadeiro no salto nº 4.

-O caudal ecolóxico mínimo que hai que manter nos tramos afectados polos saltos nº 2, nº 3 e nº 4

non será nunca inferior a 2,9 m/s, caudal medio dos meses de estiaxe (xullo, agosto e setembro). Durante os meses de estiaxe, o caudal que hai que manter será o íntegro que se produza de forma natural.

b) En relación co proxecto modificado dos saltos nº 5 e nº 6:

-Esta modificación supón a vantaxe de construír unha única presa, aínda que se afecta ó mesmo tramo do río.

-Coa finalidade de avalia-la viabilidade do novo proxecto, é preciso determina-la contía do caudal ecolóxico para o tramo afectado do río Lérez. Provisionalmente, este queda determinado no informe denominado Determinación de réximes de caudais ecolóxicos mínimos para o río Lérez, de data outubro de 1995. O aproveitamento proxectado cae dentro do tramo III do antedito informe, oscilando entre os valores de 2,25 e 4,25 m3/s.

c) En relación co salto nº 1 (encoro de Dorna):

-Con data 4 de setembro de 2000 emitiuse informe do aproveitamento integral do río Lérez, no que se especificaba que o límite do remanso da central de Dorna non debía supera-la coordenada UTM 29TNH459086, límite da proposta de LIC Serra do Cando e do coto de Cerdedo.

-Actualmente os límites da proposta de LIC Serra do Cando foron revisados polo acordo do Consello da Xunta do 19 de abril de 2001, sendo declarados espacios naturais en réxime de protección xeral pola Orde do 7 de xuño de 2001, situándose o límite actual na confluencia dos ríos Lérez e Castro, coordenadas 29TNH49680916.

d) En relación coa instalación de cinco minicentrais en cadea no río Lérez, no tramo comprendido entre as cotas 315 e 81 msnm:

-Emítese informe favorable do aproveitamento proposto, sempre e cando se cumpran os seguintes aspectos:

* Evita-la afección ó coto de Cerdedo.

* Rebaixa-la altura dos azudes ó mínimo imprescindible, de tal forma que se incremente a eficacia dos dispositivos de franqueo.

* Dotar todos e cada un dos saltos de dispositivo de franqueo eficaz e dispositivos de protección da fauna.

* Mantemento dun caudal mínimo nos tramos afectados polos saltos de Dorna, nº 2, nº 3 e nº 4 de 2 m/s.

* Mantemento, no tramo afectado polo salto nº 5+6, do seguinte réxime de caudais ecolóxicos (en m/s):

Out.Nov.Dec.Xan.Febr.MarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSet.

2,02,04,04,04,02,02,02,02,02,02,02,0

* Eliminación do efecto de chamada producida pola restitución dos saltos nº 5+6.

* Construcción dun capturadeiro de subida no salto nº 5+6, provisto de contador automático, coas súas instalacións anexas, equipamento material e vehículo para o transporte de peixes.

* Habilitación de zonas de desove artificiais no tramo afectado polo salto nº 5+6.

* A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informes nos que recolle:

a) En relación cos proxectos iniciais:

-Presa de Dorna (salto nº 1):

A zona de inundación do encoro de Dorna afecta de xeito crítico a ponte medieval de Pedre, no antigo Camiño Real da estrada a Tui, que quedaría anegada polas augas, supoñendo a súa desaparición e a alteración do antigo camiño. Igualmente algúns muíños da zona tamén quedarían anegados polo encoro.

Tamén se ve afectado o contorno natural da ponte de Serrapio. Ámbalas dúas pontes figuran no inventario de pontes antigas de Galicia.

Por todo o anterior, emítese informe desfavorable deste salto, non considerando axeitadas as medidas propostas de traslado destes bens do patrimonio cultural, que quedarían descontextualizados, fóra da súa localización orixinal, alterando así mesmo o Camiño Real que na actualidade pasa pola ponte de Pedre.

-Salto nº 2: emítese informe favorable.

-Salto nº 3: emítese informe favorable coa medida correctora recollida no estudio de impacto (varia-lo trazado do conducto para non afecta-los contornos dos Muíños de Abaixo, as súas canles e demais estructuras).

-Salto nº 4: emítese informe favorable coa medida correctora recollida no estudio de impacto (sinalización e balizamento, previo ó inicio das obras, do xacigo arqueolóxico Petroglifo do Outeiro de Arroibar).

-Salto nº 5: emítese informe favorable.

-Salto nº 6: emítese informe favorable coa medida correctora recollida no estudio de impacto (desprazamento da central como mínimo 100 m da ponte de San Xusto, de acordo co planeamento municipal do concello de Cotobade).

Ademais do anterior, deberase realizar un control e seguimento arqueolóxico, do Proxecto das obras para a modificación das características da concesión hidroeléctrica integral na conca do río Lérez, durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, na totalidade do ámbito do proxecto. Para tal fin, e previo ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o transcurso desta, un plano no que figurarán as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

De acordo cos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

b) En relación co proxecto modificado dos saltos nº 5 e nº 6:

As modificacións propostas (fusión dos saltos nº 5 e 6) localízanse nunha zona que non quedou cuberta polos traballos de prospección arqueolóxica levados a cabo. Así mesmo, a documentación remitida contén un informe arqueolóxico que non vén asinado por ningún técnico arqueólogo.

A zona onde se proxectan as obras atópase, nestes momentos, en trámite de declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de Zona Arqueolóxica, para formar parte do futuro Parque Arqueolóxico Rupestre ó Aire Libre en Campo Lameiro, do que xa se encontra declarado BIC a Zona Arqueolóxica de Paredes-Praderrei.

Polo tanto, e á vista do todo o anterior, é necesaria a realización dunha prospección arqueolóxica da zona que abrangue a fusión dos saltos nº 5 e nº 6 (facendo especial fincapé nos accesos á zona de obra e nas zonas de tránsito de maquinaria).

De acordo cos resultados das actuacións arqueolóxicas a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

c) En relación coa modificación da cota do máximo nivel de encoro da presa de Dorna (salto nº 1) considérase emitir informe favorable das novas condicións do salto nº 1 do río Lérez, consistentes na diminución de dez metros da cota do máximo nivel do encoro, quedando sometido, de todas formas, ás

condicións xerais establecidas no informe do 14 de xullo de 2000.

ANEXO III

Resumo das alegacións

* Don Luis Gómez Boedo, con DNI 35299097-P e 274 persoas máis declaran a súa oposición ó proxecto para o aproveitamento do río Lérez, presentado por Unión Fenosa, S.A., e expoñen o seguinte:

-Afección á zona dos Baños na ermida de San Xusto pola construcción do encoro nº 6, así como ó patrimonio cultural da zona.

-Perda de toda posibilidade de pesca.

-Elevado impacto ambiental (destrucción de camiños, construcción indiscriminada de estradas, etcétera).

* Lina Garrido Garrido, con DNI 35323645-S e 11 persoas máis expoñen:

-As 6 presas proxéctanse en fervenza, constituíndo un gran encoro.

-As presas 1 e 5 teñen máis de vinte metros de altura.

-A declaración de utilidade pública do aproveitamento hidroeléctrico non está xustificada e a necesidade de enerxía eléctrica tampouco pode ser causa da declaración de utilidade pública.

-Os obxectivos prioritarios da enerxía son promove-la eficacia enerxética e o aproveitamento racional da enerxía, e favorece-lo desenvolvemento e aplicación de tecnoloxías e prácticas de aforro de enerxía. A instalación de centrais de pouca potencia representa unha vantaxe se o consumo de enerxía se realiza no contorno dela.

-Galicia conta con preto de 40 encoros.

-O aforro de carbón é mínimo.

-Todos teñen dereito a desfrutar dun ambiente axeitado.

-Deberíanse indica-los procedementos utilizados para coñece-lo grao de aceptación ou repulsa social da actividade.

-Os recursos para a conservación ambiental só poderán ser extraídos para satisface-las necesidades extremas de abastecemento de poboación.

-Produciríase un efecto barreira para os peixes.

-Restrinxiríanse os usos recreativos.

-As poboacións de troita veríanse afectadas, por perda do hábitat. Así mesmo, non se tivo en conta a presencia de anguías.

-Na zona atópanse exemplares de londra e aguaneiras.

-Elevado impacto pola desaparición na zona do vaso de 15 hectáreas de vexetación de ribeira composta por especies autóctonas (carballos, freixos,

etcétera), por afección á paisaxe e polo ruído producido polas centrais. Así mesmo, o caudal detraído (30m/s) é excesivo e a calidade da auga vai diminuír.

-O conducto forzado debería ir soterrado ou recuberto dunha malla e con implantacións de plantas trepadoras autóctonas.

-O EIA e o proxecto pódense considerar incompletos. Desta forma, non figura a referencia dun dispositivo de medición do caudal ecolóxico, non incorpora análise da presencia de nitróxeno, non conta cunha prospección arqueolóxica superficial, non se reflicte o impacto electromagnético, nin o dano á atmosfera, nin as medidas protectoras e correctoras no caso de abandono e infravalóranse os numerosos efectos prexudiciais.

-A presa nº 1 localízase dentro dun espacio natural (Serra do Cando).

-Afectaríase a riqueza do patrimonio cultural.

-A creación de emprego considerada sería mínima.

* Ricardo Sánchez González, con DNI 37253069 e 36 persoas máis presentan escrito coas seguintes alegacións:

-As centrais e encoros constitúen un problema ambiental (contaminación por incremento da turbidez, rotura do continuo hidrolóxico) e modificación un ben público para o beneficio privado.

-No estudio non considera unha análise de comparativas entre as alternativas posibles nin se presentan programas de vixilancia ambiental concretos.

-De se realizaren os saltos, os plans de recuperación de especies ictiolóxicas fracasarían.

* Emilio García Lorenzo, con DNI 35308870-Y e 2 persoas máis presentan escrito coas seguintes alegacións:

-Desestiman os aproveitamentos hidroeléctricos polos seus graves impactos ambientais e socioeconómicos. Sinalan así mesmo que precisarían de estudios de impacto ambiental legais, técnica e metodoloxicamente máis rigorosos cós presentados a exposición pública.

-Os dereitos concedidos a Unión fenosa están caducados, polo que, de acordo coa nova lei eléctrica, deberían denegarse os dereitos de concesión a Unión Fenosa.

* Antonio Reboredo Tajes, con DNI 35309350 e 26 persoas máis expoñen:

-A localización da presa nº 6 pon en perigo de desaparición os Baños de San Xusto, as vetas de mananciais coñecidas como dous ollos e outras dúas fronte á carballeira de San Xusto.

-A zona recreativa quedaría inutilizada, o que sería moi prexudicial para o atractivo turístico.

-Non se considera a preservación do caudal para varios muíños.

-O salto nº 6 supón un atentado contra o patrimonio histórico e á antiga calzada romana.

-O tramo pertencente ó couto troiteiro de Lodeiro quedaría seco.

* Antón Masa Vázquez, con DNI 33197669-K e 2 persoas máis presentan as seguintes alegacións:

-Os dereitos de Unión Fenosa sobre o aproveitamento do río Lérez están caducados.

-O aproveitamento do río Lérez deberá paralizarse mentres non se aprobe o correspondente Plan hidrolóxico.

-Os usos do río deberan prevalecer sobre o aproveitamento hidroeléctrico e a producción de enerxía está supeditada ó obxectivo da conservación ambiental.

-A valoración de impactos é incompleta e non se presenta avaliación ningunha sobre a efectividade das medidas correctoras.

* Luis Novo Carballo, con DNI 33830626 e 3 persoas máis presentan escrito sinalando que os dereitos de Unión Fenosa sobre o aproveitamento do río Lérez, están caducados.

* O Concello de Campo Lameiro presenta escrito coas seguintes alegacións:

-No río Lérez estanse a realizar repoboacións para a recuperación do salmón.

-Non se garante o equilibrio do ecosistema.

-Existen dous mananciais (San Xusto) augas abaixo da presa nº 6.

-Non se incorpora a prospección arqueolóxica superficial.

* A Asociación de Veciños O Pousadoiro expón:

-Coa execución dos saltos prodúcense importantes impactos negativos: afección ó turismo, incremento dos neboeiros e da humidade, empeoramento da calidade da auga por eutrofización, afección á pesca fluvial, destrucción da riqueza do patrimonio cultural e de zonas de ocio, destrucción de vexetación.

-Aparecen contradiccións no proxecto e non se incorpora unha prospección arqueolóxica.

-A presa nº 1 está incluída no espacio natural Serra do Cando.

-Este proxecto non pode ser declarado de utilidade pública.

* Francisco Lorenzo Moreiraco, con DNI 76788414 e 1 persoa máis presentan escrito coas seguintes alegacións:

-O aproveitamento ocuparía a Serra do Cando e suporía un gran atentado contra o ecosistema.

-Non pode ser considerada de execución necesaria nin de interese xeral.

-Os mananciais veríanse afectados, cando no ano 1999 se aprobou unha iniciativa para a recuperación ambiental dos mananciais.

* O grupo Erva presenta escrito coas seguintes alegacións:

-As instalacións atópanse dentro da Rede Natura 2000. Nesta zona atópanse hábitats naturais prioritarios, aves incluídas no anexo I da Directiva 79/409/CEE, especies de mamíferos, peixes, invertebrados, anfibios e vexetais incluídas no anexo II da Directiva 92/43/CEE.

-As cotas e alturas sobre o río dos proxectos non se corresponden coas publicadas no DOG do luns 7 de agosto.

-Non se realiza unha análise de comparativas entre as alternativas posibles nin se presentan programas de vixilancia ambiental concretos, tal e como se esixe no Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

-Non se determinan os lugares de depósito de residuos procedentes de terras sobrantas.

-Non se consideran limitacións ás voaduras durante o período de nidificación, co que se estaría a incumpri-la lexislación ambiental, no referente como mínimo a molestias á fauna.

-No referido ás medidas compensatorias proponse a construcción dun sendeiro ecolóxico, do que non se define o trazado nin o xeito de construcción, e que dado o elevado grado de naturalidade da zona podería alterar gravemente, así como causar molestias a determinadas especies protexidas.

* Javier Vázquez Corbacho, con DNI 44077574 presenta escrito coas seguintes alegacións:

-O aproveitamento ocuparía a Serra do Cando.

-Suporía un gran atentado contra o ecosistema e outros usos do río quedarían anulados.

-O proxecto non pode ser considerado de execución necesaria nin de interese xeral.

-A menos de 100 m augas abaixo da presa nº 6 hai 2 mananciais (San Xusto).

-Non se considera unha obra completa.

-Non incorpora unha prospección arqueolóxica superficial.

-As características climáticas non coinciden coa publicación Bioclimatología de Galicia.

-O estudio de avaliación de impacto ambiental non está asinado.

* Filberto Barros Ferrón presenta escrito de alegacións relativas á afección ó seu inmoble.

* Nicanor Barros Gómez, con DNI 35217520-N presenta escrito coas seguintes alegacións:

-A execución do proxecto prexudica a parroquia de Santa María.

-As presas nº 2 e nº 3 afectarían varios mananciais.

* Alberto Ogea Fontán, con DNI 35310762 presenta escrito coas seguintes alegacións:

-As 6 presas afectarán o ecosistema do río, serían prexudiciais para o turismo.

-O estudio ambiental e o proxecto pódense considerar incompletos.

-O estudio de avaliación de impacto ambiental non está asinado.

-A presa nº 1 localízase en espacio natural (Serra do Cando).

-O sistema de bombeo quedaría anulado ó ser suprimido.

* Luis Gómez Boedo, con DNI 35299097, presenta escrito coas seguintes alegacións:

-As minicentrais afectarían a unha lonxitude de 13 km e en dous dos curtocircuítos que se producirían, quedaría unha lonxitude superior a 1 km co caudal mínimo durante un ano.

-A presa nº 1 localízase en espacio natural (Serra do Cando).

-Afectaríase o patrimonio cultural da zona.

-Destrucción total de la zona, tanto ecolóxica e paisaxística.

-Non se incorpora unha prospección arqueolóxica superficial.

-Formaríanse seis grandes encoros de lixo.

-Incrementaranse os neboeiros e a humidade.

-A zona dos Baños na ermida de San Xusto verase afectada pola construcción do encoro nº 6. Prexudicaríase así mesmo o atractivo turístico.

-Destruiríase o couto troiteiro do Lodeiro.

-Non se menciona nada respecto do uso de explosivos, movemento de terras, etcétera.

-Os terreos do salto nº 6 son propiedade da Comunidade de Montes do lugar de Fentáns.

-A construcción dos saltos sería contradictorio para a recuperación de especies.

* Emilio Castelo Tettamancy, con DNI 35185792, presenta escrito coas seguintes alegacións:

-Afectarase a zona dos Baños na ermida de San Xusto, así como á fauna acuática, restos arqueolóxicos.

-Prexudicaríase os pescadores, ó quedar todo o tramo do río Lérez sen posibilidade de pesca ningunha.

-Non se tivo en conta a presencia de anguías.

* Ramón Pazos Franco presenta escrito coas seguintes alegacións:

-A necesidade de producción de enerxía eléctrica non se pode valorar por encima dos esnaquizamentos que a execución do dito proxecto vai causar no ecosistema do río e en terras estremeiras.

-O caudal do río parece insuficiente para cubri-las necesidades vitais do ecosistema.

-As presas de formigón farán do río Lérez un río estancado-morto.

-A poucos quilómetros da obra que se vai realizar atópanse as Xunqueiras do río Lérez, espacio natural protexido.

-A execución do proxecto suporía un grande atentado contra o ecosistema.

* O Concello de Cotobade expón:

-Non se garante o equilibrio do caudal ecolóxico (o caudal medio do río Lérez é de 13,3 m/s, deixándoo en 1,5 m/s). Así mesmo, non se considera a preservación do caudal para varios muíños.

-Non se incorpora a prospección arqueolóxica superficial.

-A zona dos Baños na ermida de San Xusto verase afectada pola construcción do encoro nº 6.

-Afectarase o patrimonio cultural.

-O río Lérez representa unha das bacías prioritarias dentro do Plan de recuperación do salmón galego. As presas de formigón farán do río Lérez un río estancado-morto.

-Non se consideran a totalidade das centrais de transformación nin as medidas protectoras e correctoras en caso de abandono.

-Non se estudia o dano á atmosfera.

-A presa nº 1 localízase en espacio natural (Serra do Cando).

* O Concello de Cerdedo presenta escrito coas seguintes alegacións:

-Todo o mundo ten dereito a desfrutar dun ambiente axeitado. Con este proxecto estase a modificar un ben público para o beneficio privado.

-Veríase afectada a fauna acuática, así como o patrimonio cultural da zona.

-Na documentación non se considera a presencia de exemplares de londra e auganeiras, nin se considera a preservación do caudal para varios muíños.

-A presa nº 1 localízase en espacio natural (Serra do Cando).

* O Concello de Pontevedra presenta escrito coas seguintes alegacións:

-A execución do proxecto afecta os planes de recuperación do salmón no río Lérez, así como provocaría un impacto ambiental é elevado e a perda do 40% do hábitat para a troita.

* Enrique Rodríguez Blein presenta escrito coas seguintes alegacións:

-A zona dos Baños na ermida de San Xusto verase afectada, así como a fauna acuática, a pesca fluvial e o patrimonio cultural.

-O río Lérez permite a recuperación do salmón.

* A Comunidade de Montes da Parroquia de San Xurxo de Sacos presenta escrito coas seguintes alegacións:

-Non se pode expropia-lo monte de San Xurxo para beneficio dunha empresa privada (Unión Fenosa). Todos teñen dereito a desfrutar dun ambiente axeitado.

-Non se achega información respecto do trazado das liñas de tensión.

-Desaparecerán as augas termais de San Xusto e outros mananciais.

-A praia fluvial existente quedaría inutilizada pola presa nº 6.

-En época estival o río quedaría seco. Así mesmo, veríase afectada a fauna acuática e patrimonio cultural.

* José Álvarez Castro, con DNI 35245354, presenta escrito coas seguintes alegacións:

-O beneficio do proxecto é exclusivamente para unha empresa privada.

-Non debe autorizarse ningún tipo de concesión sen que haxa un debate obxectivo coa participación de tódolos sectores da sociedade.

-A execución do proxecto será un atentado contra o patrimonio histórico (antiga calzada romana) e producirá danos á flora e fauna.

* A Asociación de Veciños San Pedro de Tenorio presenta escrito coas seguintes alegacións:

-Todo o mundo ten dereito a desfrutar dun ambiente axeitado e os poderes públicos deben velar pola súa conservación.

-Non se menciona nada respecto do uso de explosivos, movemento de terras, etcétera.

-Producirase alteracións na calidade da auga por eutrofización.

-Diminuiría ostensiblemente o caudal do río Lérez.

-Desaparecerían varios muíños, pontes, etcétera.

-Incrementaranse os neboeiros e a humidade.

* Xosé Veiras García, con DNI 33289263, presenta escrito de alegacións no que recolle:

-O estudio de sinerxias é moi pobre e non reflicte o impacto ambiental negativo que vai ocasiona-lo conxunto dos seis encoros no río.

-Perderíase toda posibilidade de pesca fluvial, deportes de auga, etcétera.

-O proxecto non pode ser declarado de utilidade pública.

-O caudal detraído é excesivo e o caudal ecolóxico semella bastante escaso.

-A execución do proxecto suporía unha perda do hábitat, así como de elementos do patrimonio cultural.

-No río Lérez cuestiónase a recuperación do salmón.

* Ramón Pazos Francos presenta escrito coas seguintes alegacións:

-Trátase dun proxecto innecesario.

-Produciranse problemas co caudal en época de seca.

-As presas de formigón farán do río Lérez, un río estancado-morto.

-O proxecto está incompleto.

-Afectaranse espacios naturais como o complexo intermareal do Umia-Grove e imposibilitará a trasfega polo río da súa fauna natural.

* Fabián Estévez Rodríguez, con DNI 35214709, e 1 persoa máis presentan escrito de alegacións no que indican:

-As 6 presas proxéctanse en fervenza constituíndo un gran encoro. Así mesmo, as presas nº 5 e nº 1 superan os 20 metros.

-O encoro nº 1 estragaría a ribeira do Lérez.

-O proxecto non está visado por ningún colexio profesional.

-Non se incorpora unha prospección arqueolóxica e cultural.

-O beneficio é exclusivamente para unha empresa privada e concíbese como unha utilidade privada dos recursos naturais.

-O aproveitamento ocuparía o espacio natural de Serra do Cando.

* José Luis Jorge Caramés, alcalde-presidente do Concello de Cerdedo, presenta escrito expoñendo:

-O proxecto presentado non ten nada que ver co antigo, e polo tanto este deberá ser tratado como tal.

-Defenderanse as pontes de Pedre, Serrapio e Vichocuntín.

* A Comunidade de Montes en Man Común de Santa María de Sacos presenta escrito coa seguinte alegación:

-Os terreos da dita comunidade veríanse afectados por 5 saltos, afectándose a producción forestal.