Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

EDICTO.

Aprobado o prego de prescricións técnicas para a revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Cedeira para adaptalo á Lei 1/1997, do 24 de marzo,

do solo de Galicia, mediante a redacción dun Plan Xeral de Ordenación Municipal na sesión plenaria do día 7 de novembro de 2001, faise pública a convocatoria de contratación conforme o dito prego, publicado integramente no BOP do 26 de novembro, que en extracto di:

1. Obxecto do traballo:

O obxecto do contrato de consultoría e asistencia é a elaboración dun Plan Xeral de Ordenación Municipal coa documentación e contido que se definen na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, no Regulamento de planeamento aprobado polo Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, e neste prego.

2. Orzamento.

O orzamento de licitación máximo é de 14.000.000 de pesetas mediante gasto plurianual.

3. Prazo e lugar de entrega.

Os sobres antes descritos deberán ser entregados na secretaría do concello, en horas de oficina durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ó da data de publicación desta publicación. Unha vez presentada unha proposición non poderá ser retirada baixo ningún pretexto.

Cedeira, 23 de novembro de 2001.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde