Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.891

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (359/2000).

Eu, Oscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 359/2000 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«En Carballo, 14 de novembro de 2001.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas por ameazas e inxurias, rexistrada baixo o nº 359/2000, tramitada por instancia de María Diocelina Vallejo Gavira, en calidade de denunciante, contra Rogelio Velo García, en calidade de denunciado, foi parte o Ministerio Fiscal.

Absolvo o denunciado Rogelio Velo García da falta de ameazas, declarándose as custas de oficio.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e prevíndoas de que non é firme e contra ela cabe interpor, no prazo de cinco días desde a súa notificación,

recurso de apelación perante este xulgado, que resolverá a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lles sirva de notificación de sentencia a Rogelio Velo García e a María Diocelina Vallejo Gavira, actualmente en ignorado paradoiro, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto, que asino en Carballo o 14 de novembro de 2001.

O secretario

Rubricado