Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.892

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (424/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres de A Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 424/2001, por instancia de Antonio Castaño Iglesias contra ISM e outras sobre xubilación, nos que recaeu sentencia en data 15-11-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que, estimando a demanda formulada por Antonio Castaño Iglesias, declaro que a base reguladora da súa pensión de xubilación ascende á cantidade de 138.019 pesetas, das que 135.225 pesetas son por conta do Instituto Social da Mariña e o resto, por conta das empresas demandadas Pesquera Senabre, S.L. e Pescarredes, S.A., en razón das súas respectivas responsabilidades, debendo, non obstante, o citado organismo aboa-la totalidade da prestación subrogándose nos dereitos e obrigas do traballador coas empresas.

Absólvense á Tesorería Xeral da Seguridade Social das pretensións da demandada.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Pesquera Senabre, S.L. e Pescarredes, S.A., expido e asino esta cédula na Coruña o 15 de novembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado