Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.850

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de novembro de 2001 pola que se autoriza o centro privado ICA de Vigo (Pontevedra) para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería e o ciclo formativo de grao superior de dietética, en quenda de mañá e de tarde-noite, segundo os datos do anexo.

Examinado o expediente presentado polo centro privado ICA de Vigo, polo que solicitaba autorización para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería e o ciclo formativo de grao superior de dietética, en quenda de mañá e de tarde-noite,

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes,

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro), polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto,

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado,

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro-Autoriza-lo centro privado ICA de Vigo (Pontevedra) para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería e o ciclo formativo de grao superior de dietética en quenda de mañá e de tarde-noite, segundo se especifica no anexo da presente orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de un mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo

Localidade: Vigo

Enderezo: r/ Portela nº 12

Código do Centro: 36024082

Denominación: Centro privado ICA

Titular: Mª Carmen Martínez Sánchez e José Ramón López Vázquez.

Composición resultante:

Quenda de mañá e de tarde-noite:

Familia profesional: Informática-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades, 20 postos escolares/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 20 postos escolares/unidade).

Familia profesional: Sanidade.-1 ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería (1 unidade para 20 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de dietética (2 unidades, 20 alumnos unidade).