Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.849

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de decembro de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da devandita consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria,

consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de decembro de dous mil un,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do once de decembro de dous mil un, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, coa finalidade de cumpli-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Na relación de postos de traballo da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria publicada no DOG nº 188, do 27 de setembro de 2000 prodúcense as seguintes modificacións:

* Na páxina 13.457, no centro de destino «UNIDADE DE APOIO-ÁREA DE CARBALLO», o posto «AG.C99.20.000.15190.025.-XEFE GRUPO (CORCUBIÓN)» pasa ó centro de destino «UNIDADE DE APOIO-ÁREA DE FERROL» na páxina 13.458 co seguinte código e denominación: «AG.C99.20.000.15350.030.-XEFE GRUPO (PONTEDEUME)».

* Na páxina 13.458, no centro de destino «UNIDADE DE APOIO-ÁREA DE FERROL», o posto «AG.C99.20.000.15350.008.-XEFE NEGOCIADO (PONTEDEUME)» pasa ó centro de destino «UNIDADE DE APOIO-ÁREA DE CARBALLO» na páxina 13.457 co seguinte código e denominación: «AG.C99.20.000.15190.011.-XEFE NEGOCIADO (CORCUBIÓN)»