Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.847

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de decembro de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Polo Decreto 200/2001, do 27 de agosto (DOG nº 170, do 3 de setembro), modifícase a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, fixada polo Decreto 488/1997, do 26 de decembro, creándose na Subdirección Xeral de Promoción e Actividades o Servicio de Formación e Xestión.

Todo isto, así como a necesidade de adecua-lo cadro de persoal de diversos centros da consellería ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de decembro de dous mil un,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do once de decembro de dous mil un, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública