Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.847

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de decembro de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da devandita consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de decembro de dous mil un,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do once de decembro de dous mil un, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, coa finalidade de cumplir dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Persoal funcionario

Na relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 220, do 14 de novembro de 2000, na páxina 15.218, nos centros de destino que se relacionan, prodúcense as seguintes modificacións:

* No centro de destino «DELEGACIÓN TERRITORIAL LUGO (CELEIRO)», amortízase o posto «PE.C99.10.000.27650.201.-FUNCIONARIO INSPECCIÓN PESQUEIRA».

* No centro de destino «DELEGACIÓN COMARCAL PONTEVEDRA», amortízase o posto «PE.C99.30.000.36001.201.-FUNCIONARIO INSPECCIÓN PESQUEIRA».