Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 13 de decembro de 2001 Páx. 15.846

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2001, conxunta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e do Servicio Galego de Saúde, pola que se resolven as axudas para a realización de proxectos de investigación convocadas na Orde do 1 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 196, do 9 de outubro).

A orde conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Sanidade e Servicios Sociais do 1 de outubro de 2001 aprobaba as bases para a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación. No seu artigo 4 determinábanse os criterios de valoración e materias preferentes que deberían ter en conta os membros da comisión encargada de realiza-la proposta de resolución.

Atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e o Servicio Galego de Saúde

RESOLVEN:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación en Galicia dentro dos centros, servicios e establecementos sanitarios públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para os proxec

tos que se citan no anexo I desta resolución, pola cantidade que en cada caso se sinala.

Segundo.-As solicitudes que non figuran citadas no mencionado anexo, que foron admitidas para participar neste concurso, entenderase que quedan denegadas por non conseguiren, no proceso de selección, a cualificación necesaria.

Terceiro.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 1 de outubro de 2001 (DOG do 9 de outubro) suporá a perda do dereito a recibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á data da súa publicación no DOG, de acordo co disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; sen embargo, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que estimen oportuno.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2001.

José Mª Hernández Cochón Miguel Ángel Ríos Fernández

Presidente do Servicio GalegoSecretario xeral de Investigación

de Saúdee Desenvolvemento

ANEXO I

Aplicación orzamentaria 04.07.432A.740.0

Investigador principalTítulo do proxectoCódigo do proxectoCantidadeCentro

Benigno Acea NebrilEficacia técnica e concordancia da biopsia selectiva do ganglio sentinela e a linfadenectomía axilar en enfermas con cancro de mama.PGIDT01SAN00001PR1.440.000C.H. Juan Canalejo

Antonio Aguilera GuiraoEpidemioloxía molecular do virus da hepatite B en pacientes con hepatite crónica por Dichovirus e a súa relación coa aparición de resistencias asociadas ó tratamento.PGIDT01SAN00002PR1.500.000C.H.U. Santiago

Rosario Alondo PayoValidación dunha enquisa de coidados de enfermería.PGIDT01SAN00003PR350.000C.H. Ourense

Germán Bou ArévaloDesenvolvemento de técnicas moleculares para a tipación e caracterización de abrochos hospitalarios tomando como modelo un abrocho de Klebsiella Pneumoniae con sensibilidade diminuída a cefalosporinas de 3ª xeneración no servicio de neonatos.PGIDT01SAN00004PR1.300.000C.H. Juan Canalejo

José Manuel Cameselle TeijeiroAnálise do xene APC no tumor trabecular hialinizante da glándula tiroide humana. Estudio da correlación entre alteracións moleculares e morfoloxía neoplásica.PGIDT01SAN00005PR1.500.000C.H.U. Santiago

Emilio José Casariego ValesAchegas do percentil relativo á estimación da supervivencia tralo diagnóstico de cancro gástrico. Deseño e construcción dunha aplicación informática para o seu uso clínico.PGIDT01SAN00006PR955.000C.H. Xeral Calde

Alfonso Castro BeirasMiocardiopatía dilatada idiopática: análise mutacional do xene da desmina nas familias afectadas.PGIDT01SAN00007PR1.500.000C.H. Juan Canalejo

Ángel Facio VillanuevaAvaliación de diversos indicadores de calidade dos informes de alta dun servicio cirúrxico do C.H. Arquitecto Marcide- Prof. Novoa Santos.PGIDT01SAN00009PR300.000C.H.A. Marcide

Mª Carmen Fernández EireFuncionamento cognitivo en fillos de alcohólicos.PGIDT01SAN00010PR965.000C.H.U. Santiago

A. Luis González Martínez-PedrayoA actividade DNAsa1 e as manifestacións clínicas do Lupus eritematoso sistémico.PGIDT01SAN00012PR1.430.000C.H.U. Santiago

Carmen Navarro Fernández-BalbuenaEstudio xenético da glicoxenose tipo II infantil, déficit de alfa glicosidasa ácida ou enfermidade de Pompe en pacientes españois.PGIDT01SAN00013PR1.300.000H. Meixoeiro

Estrella Pallas PallasUtilidade dos marcadores tumorais no diagnóstico de tumores epidermoides. Valor clínico da enzima alfa-L-fucosidasa sérica como marcador diagnóstico.PGIDT01SAN00014PR1.020.000C.H. Xeral-Cíes

Salvador Pita FernándezMarcadores prognósticos de entrada en diálise e mortalidade por insuficiencia renal crónica en Galicia.PGIDT01SAN00015PR750.000C.H. Juan Canalejo

Jesús Romero LópezDemencia despois do ictus: incidencia, factores de risco, e características clínicas nunha cohorte hospitalaria.PGIDT01SAN00016PR900.000H. do Meixoeiro

David Simón LordaPsiquiatría, Medicina y Sociedad.PGIDT01SAN00017PR350.000C.H. Ourense

Encarnación Sueiro DomínguezVariables sociais sexuais e reproductivas das persoas que son atendidas nunha consulta de orientación.PGIDT01SAN00018PR1.300.000Xerencia A.P. Ourense

Investigador principalTítulo do proxectoCódigo do proxectoCantidadeCentro

Berta Uriel LatorreEstudio de adecuación de ingresos xerais no CHOU.PGIDT01SAN00019PR450.000C.H. Ourense

Carmen Vidal PanAsociación entre atopia e infección pasada por virus de hepatite A. Estudio nunha poboación xeral adulta.PGIDT01SAN00020PR690.000C.H.U. Santiago

Aplicación orzamentaria 04.07.432A.781.0

Investigador principalTítulo do proxectoCódigo do proxectoCantidadeCentro

Ana Castro LareoDetección de células maternas en sangue de cordón umbilical mediante análise molecular de múltiples loci.PGIDT01SAN00008PR1.000.000C. Transfusión de Galicia

Roberto García de VillaescusaExpansión de proxenitores hematopoéticos de sangue de cordón umbilical.PGIDT01SAN00011PR1.000.000C. Transfusión de Galicia