Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2001 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a subministración de 160 anoraks impermeables para o departamento da Policía Municipal de Santiago de Compostela.

Tipo de licitación: 9.000.000 pesetas (54.091,09 euros) IVE incluído.

Prazo de execución: establécese un prazo de entrega dos bens de 30 días.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presenta-las proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de oito días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. Departamento de Contratación- Servicios. Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 14 do prego de condicións económico-administrativas.

Garantías: provisional: 180.000 pesetas (1.081,82 euros).

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar no acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2001.

O alcalde

Rubricado