Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2001 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: contratación de asistencia técnica para a obtención de cartografía catastral urbana informatizada a partir dos voos fotogramétricos realizados polo concello.

Tipo de licitación: 24.985.100 pesetas (150.163,48 euros) IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 5 meses desde a sinatura da acta do inicio dos traballos.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presenta-las proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de oito días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. Departamento de ContrataciónServicios. Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Nova r/ Nova de Abaixo nº 12 local 4. Teléfono e fax: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: 499.702 pesetas (3.003,27 euros).

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar no acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2001.

O alcalde

Rubricado