A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 9 de novembro, acordou aprobar inicialmente o Plan parcial de ordenación do único sector de solo urbanizable nº 1 no lugar das Gándaras, parroquia de Seira, promovido por Val de Rois Urbanizaciones, S.A. En cumprimento do artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda sometido a información pública o expediente polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido na secretaría do concello e presenta-las alegacións que consideren convenientes.
Rois, 13 de novembro de 2001.
Enrique José Tojo Blanco
Alcalde