Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ROIS

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 9 de novembro, acordou aprobar inicialmente o Plan parcial de ordenación do único sector de solo urbanizable nº 3 no lugar do Sisto, parroquia de Ribasar, promovido por Perol y Saavedra, S.L. En cumprimento do artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda sometido a información pública o expediente polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido na secretaría do concello e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Rois, 13 de novembro de 2001.

Enrique José Tojo Blanco

Alcalde