Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2001 pola que se anuncia o concurso para a realización das obras de reforma das instalacións de luz pública no polígono das Fontiñas 1ª fase.

Obxecto do contrato: é a realización das obras incluídas no proxecto de reforma de instalacións de luz pública no polígono das Fontiñas 1ª fase.

Tipo de licitación: 17.105.031 pesetas (102.803,31 euros) IVE incluído.

Prazo de execución: 3 meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Proposicións: os licitadores poderán presenta-las proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. Departamento de ContrataciónServicios. Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Nova r/ Nova de Abaixo nº 12 local 4. Teléfono e fax: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15.3º.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar no acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2001.

O alcalde

Rubricado