Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

EDICTO.

O Concello de Nogueira de Ramuín, no Pleno que tivo lugar o día 13 de novembro de 2001, adoptou o acordo seguinte:

Aprobación definitiva do PXOM: os concelleiros que asisten a esta sesión, por nove votos a favor e dous en contra do concelleiro do BNG e do da AIP, dos once que integran o Pleno,

ACORDAN:

-Aproba-lo PXOM de Nogueira de Ramuín definitivamente nos termos e contido que figura no texto refundido redactado polo arquitecto Arturo Conde Aldemira.

-Publicar este acordo no BOP, co texto íntegro da normativa e ordenanza do PXOM.

-Publica-lo extracto deste acordo no DOG.

Nogueira de Ramuín, 26 de novembro de 2001.

José Eugenio Galindo González

Alcalde