Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno na sesión de 14 de setembro, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán o concurso por procedemento aberto, tramitación urxente, das obras da separata remate do auditorio, incluída dentro do proxecto xeral de remate e equipamento do auditorio.

Anúnciase concurso de acordo coas seguintes prescricións:

Entidade adxudicadora: Concello de Quiroga.

Organismo: Comisión de Goberno.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello.

1. Obxecto do contrato.

Construcción da obra de remate do auditorio de Quiroga, de acordo co prego de cláusulas administrativas particulares, prescricións técnicas e proxecto técnico, redactado por Urbyarq, S.L., e aprobado pola Comisión de Goberno, na sesión do 31 de outubro de 2001.

2. Lugar de execución: Municipio de Quiroga. Prazo de execución: dous (2) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 18.639.200 pesetas (112.024 euros).

5. Garantías.

Provisional: 372.784 pesetas (2.240,48 euros), equivalente ó 2% do orzamento do contrato base de licitación na forma prevista no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Quiroga.

b) Domicilio: rúa Xeneral Franco, nº 52.

c) Localidade e código postal: 27320.

Teléfono: 982 42 80 01.

Telefax: 982 42 88 08.

Data límite de obtención de documentación e información: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se necesita.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas, sobre solvencia técnica e económica.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: finalizará ós 15 días naturais contados desde o seguinte ó da data da publicación do anuncio no BOP no Diario Oficial de Galicia, ou o que sexa posterior.

Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Lugar de presentación.

1ª Entidade: rexistro xeneral do Concello de Quiroga.

2ª Domicilio: rúa Xeneral Franco, nº 52.

3ª Localidade e código postal: Quiroga, 27320.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Quiroga, 30 de novembro de 2001.

Rubricado