Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NEDA

ANUNCIO.

O Pleno deste concello, na súa sesión extraordinaria do 31 de outubro, acordou tomar coñecemento do documento do avance do Plan Xeral de Ordenación

Municipal e abri-lo trámite de información pública establecido no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

En cumprimento del faise pública a apertura do citado trámite na seguinte forma:

Prazo: dous meses contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante os días laborables.

Lugar: casa do concello.

Horario: das 10 ás 14 horas.

Durante o citado prazo poderá ser examinado o documento, formular entidades e particulares as suxestións que coiden oportunas e presenta-las propostas e os convenios que consideren procedentes.

Neda, 8 de novembro de 2001.

Xosé C. Pita López

Alcalde