Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T. e CC.TT. polígono dos Capelos.
Situación: Carral.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 1.758 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte dun apoio de paso aéreo-subterráneo no punto A da L.M.T. Tabeaio-Carral e final no punto L da mesma liña.
L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 2.460 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 150 mm, que parte e finaliza no mesmo punto que a liña anterior, pasando polos CC.TT. nº: 1, 2, 3, 4, 5 e C.T. Azoreira que son tipo prefabricados de 630, 1.000, 1.000,
400, 630 e 400 kVA cada un no polígono dos Capelos.
L.M.T. subterránea de 306 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 95 mm Al que parte do C.T. nº 5 e finaliza no paso aéreo-subterráneo a CC.TT. Sergude e A Mosca. Concello de Carral.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 31 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña