Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 31 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 356/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. porto-pza. Pontevedra.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: L.M.T. subterráneas a 15/20 kV en conductor R.H.V. de 240 mm Al que parten da nova subestación denominada Baterías e enlazan coas L.M.T.S. existentes na zona.

L.M.T.S. 1 de 380 m que parte da subestación Baterías e enlaza coa L.M.T.S. ós CC.TT. Linares Rivas 1 e praza de Lugo 2.

L.M.T.S. 2 de 365 m que parte da subestación de Baterías e enlaza coa L.M.T.S. San Cristovo-Damas en dirección ó C.T. Banco del Noroeste.

L.M.T.S. 3 e 4 de 410 m cada unha, que parten da subestación de Baterías e enlazan coa L.M.T.S. Linares Rivas-Mantelería.

L.M.T.S. 5 e 6 de 365 m cada unha, que parten da subestación de Baterías e enlazan coa L.M.T.S. Linares Rivas-Banco Exterior e M. Pelayo-Linares Rivas.

L.M.T.S. 7 de 650 m que parte da subestación de Baterías e enlaza có C.T. pza. de Galicia 2.

L.M.T.S. 8 de 40 m de adecuación da L.M.T.S. O Ventorrillo-Damas ó C.T. praza de Galicia 1.

L.M.T.S. 9 de 360 m que parte da subestación de Baterías e enlaza coa L.M.T.S. Villa de Negreira-Linares Rivas.

L.M.T.S. 10 de 480 m que parte da subestación de Baterías e enlaza coa L.M.T.S. ó C.T. Primo de Rivera no C.T. Linares Rivas. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 31 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña