Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a informa
ción pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Buño.
Situación: Malpica.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 5 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 150 mm Al con orixe no paso aéreo-subterráneo da L.M.T. a C.T. Leiloio e final no C.T. prefabricado de pé de poste denominado Buño-empalme de 250 kVA. Concello de Malpica.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 31 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña