Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.779

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 276/2001, do 27 de setembro, de adaptación das fundacións sanitarias á disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo.

Advertidos erros no citado decreto publicado no Diario Oficial de Galicia nº 208, do 26 de outubro de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 13.871, no artigo 14, onde di: «-Órganos de goberno, xestión e representación...», debe dicir: «Órgano de goberno, control e representación...».

-Na páxina 13.871, no artigo 18.1º, onde di: «... Os acordos, ... , adoptaranse por maioría simple...», debe dicir: «... Os acordos, ... , adoptaranse por maioría absoluta...».

-Na páxina 13.872, no artigo 19 e), onde di: «Nomea-lo director técnico ou xerente da fundación», debe dicir: «Nomea-lo director ou xerente da fundación».

-Na páxina 13.872, no artigo 23.1, a referencia feita ó artigo 11, enténdese feita ó artigo 14.

-Na páxina 13.876, nos estatutos da fundación pública Hospital da Barbanza, no artigo 12.1, onde di: «... Por solicitude dos patróns...», debe dicir: «A solicitude dos patróns...».

-Na páxina 13.885, nos estatutos da fundación pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, no artigo 10 c), onde di: «c) Secretario: ... que preste os seus servicios ó hospital...», debe dicir: "d) Secretario: ... que preste os seus servicios á fundación...».

-Na páxina 13.887, nos estatutos da fundación pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, no artigo 17, onde di: «Áreas clínicas. A actividade asistencial organizarase...», debe dicir: «17. Áreas clínicas.

A actividade asistencial organizarase nunha área de coordinación sanitaria e nunha área asistencial, que agruparán as unidades funcionais que integrarán os profesionais e os equipos interdisciplinarios que se responsabilicen da xestión dun grupo específico de procedementos asistenciais.

Designarase un coordinador da área de coordinación sanitaria e un coordinador da área asistencial, que se responsabilizarán ademais da supervisión e control na calidade».

-Na páxina 13.896, no artigo 10.2º dos estatutos da fundación pública Hospital Verín, débese incluír entre os vocais natos, «o xerente da área de atención primaria».

-Na páxina 13.897, nos estatutos da fundación pública Hospital Verín, no artigo 14 b), a referencia feita ó artigo 13 enténdese feita ó artigo 13 f).

-Na páxina 13.899, nos estatutos da fundación pública Instituto Galego de Oftalmoloxía, no artigo 1.3º parágrafo primeiro, onde di: «O domicilio da fundación...», debe dicir: «O domicilio da fundación radica en Santiago de Compostela, A Coruña, no edificio do Hospital Provincial de Conxo, na rúa Ramón Baltar s/n».

-Na páxina 13.901, nos estatutos da fundación pública Instituto Galego de Oftalmoloxía, no artigo 9.2º, debe suprimirse o primeiro parágrafo da letra a) e toda a letra b), e onde di: «1) Presidente...», debe dicir: «a) Presidente...». Onde di: «2) Vocais natos: Un mínimo...», debe dicir: b) «Vocais: Un mínimo...» Onde di: «d) Secretario: ... que preste os seus servicios ó hospital...», debe dicir: «d) Secretario: ... que preste os seus servicios á fundación...».

-Na páxina 13.902, nos estatutos da fundación pública Instituto Galego de Oftalmoloxía, no artigo 13, onde di: «Vicepresidente-director executivo: Son funcións...», debe dicir: «Vicepresidente. Son funcións do vicepresidente:

a) Substituí-lo presidente e exerce-las súas funcións en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

b) Aquelas que por escrito lle sexan delegadas polo presidente. A delegación das funcións do artigo 12 f) requirirá a previa autorización do padroado».

-Na páxina 13.903, nos estatutos da función pública Instituto Galego de Oftalmoloxía, os artigos 20, 21 e 22 pasan a se-los artigos 18,19 e 20.