Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 11 de decembro de 2001 Páx. 15.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do PERI II-05 Rocío. (Expediente 5621/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 29 de outubro de 2001, acordou aprobar definitivamente o expediente do PERI II-05 Rocío, plan de iniciativa particular promovido por Manuel Ventura Fernández Fernández, en representación dos herdeiros de Ventura Fernández Pérez e redactado polo arquitecto Alberto Cominges Molíns, conforme a documentación que foi obxecto de aprobación inicial e plano U.6 reformado, con visado do 1-10-2001.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practicar-la notificación intentada.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un dos seguintes recursos:

a) Recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello de Vigo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó de publi

cación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, interposto o recurso de reposición non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

Vigo, 14 de novembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo