Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 11 de decembro de 2001 Páx. 15.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da U.E. IV-10 Ramón Nieto, 4. (Expediente 4286/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 25 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono U.E. IV-10, Ramón Nieto, 4, redactado polo arquitecto Javier Martínez Díez, e visado polo COAG no 22-6-2001 e 4-5-2001. (Expediente 4286/401).

Segundo.-Desestima-la alegación formulada por Eulogio P. Abeleira Cabaleiro durante o trámite de información pública, polos motivos sinalados na parte expositiva deste acordo.

Terceiro.-No momento inmediatamente anterior ó do inicio das obras efectuarase un replanteo delas en coordinación cos técnicos do Departamento de Vías e Obras do concello. Tamén debe comunicarse o inicio e finalización das obras ó Departamento

Municipal de Servicios Electromecánicos, para a comprobación da rede e iluminación pública.

Cuarto.-Publica-lo presente acordo no BOP e no DOG, con notificación individualizada ós interesados, na forma legalmente prevista».

Contra a devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos.

a) Recurso potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 2 de novembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo