Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 11 de decembro de 2001 Páx. 15.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do concello, na sesión que tivo lugar o día 19 de novembro de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de actuación 14 do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica de Santiago de Compostela (PE-1), presentado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, S.A. (Emuvissa).

O expediente, consonte o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo