Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 11 de decembro de 2001 Páx. 15.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da asistencia á deputación para o tratamento técnico de documentación existente no arquivo de xestión da deputación. Fase I (Servicio de Patrimonio e Contratación). (Expediente 10209/2001).

Obxecto: asistencia á deputación para o tratamento técnico de documentación existente no arquivo de xestión da deputación. Fase I (Servicio de Patrimonio e Contratación).

Orzamento: 120.000 euros (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contado desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 30 de novembro de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña