Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 11 de decembro de 2001 Páx. 15.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de moblaxe xeral con destino ó novo edificio de radioterapia e medicina nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (A Coruña). (SCS-60/2001). (3 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de moblaxe xeral con destino ó novo edificio de radioterapia e medicina nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (A Coruña). (3 lotes).

Orzamento: nove millóns duascentas noventa e sete mil cincocentas pesetas, con IVE incluído. (9.297.500 pesetas con IVE incluído). (55.879,10 euros). Desagrégase en dúas anualidades: para o ano 2001, 1.045.000 pesetas (6.280,58 euros) e para o ano 2002, 8.252.500 pesetas (49.598,52 euros).

LoteDescriciónAnualidade 2001Anualidade 2002

1Mobiliario á medida7.072.500 ptas.42.506,58 euros

2Mesados de laboratorio1.045.000 ptas.6.280,58 euros380.000 ptas.2.283,85 euros

3Andel metálico especial800.000 ptas.4.808,10 euros

Garantía provisional: é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: desde a petición, máximo 30 días.

Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis dúas variantes) proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

Solvencia económica, financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas.

Documento de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Lázaro, 2º andar, en Santiago de Compostela (C.P. 15703), tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas, e tamén no enderezo da Internet www.sergas.es / contratación. Ou poden chamar ós teléfonos 981 54 27 68, 54 27 66, 54 18 48 se queren unha copia do prego.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Sergas, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, edificio administrativo San Lázaro, a partir das 9 horas do

quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores : os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios da presente contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos