Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 11 de decembro de 2001 Páx. 15.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de equipamento electromédico con destino ó novo edificio de radioterapia e medicina nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (A Coruña). (SCS-58/2001). (15 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde - Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Lázaro, planta 2ª, en Santiago de Compostela. Teléfonos 981 54 27 67, 981 54 27 68. Fax 981 54 27 62. Enderezo da Internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar de entrega da subministración: novo edificio de radioterapia e medicina nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: adquisición de equipamento electromédico (15 lotes).

-Orzamento total: sesenta e cinco millóns setecentas corenta e catro mil pesetas, IVE incluído (395.129,40 euros); desagrégase en dúas anualidades: para o ano 2001: 1.100.000 pesetas (6.611,13 euros) e para o ano 2002: 64.644.000 pesetas (294.760,38 euros).

LoteDescriciónAnualidade 2001Anualidade 2002

1Equipamento laboratorio1.100.000 ptas.6.611,13 euros

2Equipamento electromédico diversos servicios1.344.000 ptas.8.077,60 euros

3Ergómetro4.000.000 de ptas.24.040,48 euros

LoteDescriciónAnualidade 2001Anualidade 2002

4Desfibriladores1.800.000 ptas.10.818,22 euros

5Sistema de anestesia5.300.000 ptas.31.853,64 euros

6Lámpada braquiterapia1.100.000 ptas.6.611,13 euros

7Mesa Transfer braquiterapia3.500.000 ptas.21.035 euros

8Sistema analizador de feixes para dosimetría relativa14.500.000 ptas.87.146,76 euros

9Equipos de multidetección para aceleradores10.600.000 ptas.63.707,28 euros

10Detectores de radiación ambiental2.600.000 ptas.15.626,31 euros

11Equipos de medida para dosimetría absoluta4.300.000 ptas.25.843,52 euros

12Equipos de medida de radiación5.400.000 ptas.32.454,65 euros

13Dotación taller de radioterapia1.500.000 ptas.9.015,18 euros

14Equipamento Gammateca2.700.000 ptas.16.227,33 euros

15Densiómetro automatizado de películas6.000.000 de ptas.36.060,73 euros

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes).

4. Prazo de entrega desde a petición: máximo 30 días.

5.- a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 20 de decembro de 2001.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 26 de decembro de 2001.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público

b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais; edificio administrativo San Lázaro-2º piso, a partir das 9 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver

punto 18 da folla de especificacións do prego de tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o 31 de decembro de 2002.

13. Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data de envío da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 11 de xuño de 2001.

17. Data de envío do anuncio: 4 de decembro de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos