O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos
os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:
Adquisición de mobiliario clínico con destino ó novo edificio de radioterapia e medicina nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. (3 lotes).
Orzamento: sete millóns setenta e cinco mil pesetas, con IVE incluído (7.075.000 pesetas con IVE incluído, 42.521,61 euros), que se desgrega en 1.100.000 pesetas (6.611,13 euros) para o ano 2001 e 5.975.000 pesetas (35.910,47 euros) para o ano 2002.
Lote Descrición Anualidade 2001 Anualidade 2002
1 Mobiliario clínico para diversos servicios 1.000.000 de ptas. 6.611,13 euros 2.931.000 ptas. 17.615,66 euros
2 Sistema mobilización de pacientes 1.534.000 ptas. 9.219,53 euros
3 Carros diversos servicios 1.510.000 ptas. 9.075,28 euros
Garantía provisional: é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.
Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.
Prazo de entrega: desde a petición, máximo 30 días.
Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis dúas variantes) proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.
Solvencia económica, financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.
Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas.
Documento de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Lázaro, 2º andar, en Santiago de Compostela (C.P. 15703), tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas, e tamén no enderezo da Internet www.sergas.es/contratacion. Ou poden chamar ós teléfonos 981 54 27 68, 54 27 66, 54 18 48 se queren unha copia dos pregos.
Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Sergas, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co
artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas edificio administrativo San Lázaro, a partir das 9 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento dos anuncios da presente contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos