Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 11 de decembro de 2001 Páx. 15.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da resolución do expediente OU-053/01P e dous máis por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151 do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106 do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza da presente resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 29 de outubro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito probadoPrecepto

infrinxido

e sancionador

Sanción

pesetas

OU-065/01PJulián Fuertes Rancaño

52590585

Pza. Daniel González, 6-2º C, OurensePescar en luns, día inhábil

Pescar sen porta-la documentación preceptiva aínda sendo titular dela

Lei pesca fluvial Galicia 7/1992. Art. 33.1º e 33.9º15000

OU-053/01PRaúl Mejuto Guntín

34224208

R/ Ramón Puga, 16-2º, OurensePescar en luns, día inhábil para a pescaLei pesca fluvial Galicia 7/1992. Art. 33.9º10000

OU-056/01PSergio Méndez Gándara

34951755N

R/ Escultor Failde, nº 12-5º A, OurensePescar a mais distancia da permitida regulamentariamente (uns 10 metros)Lei pesca fluvial Galicia 7/1992. Art. 33.3º10000