Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 11 de decembro de 2001 Páx. 15.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da execución da obra de construcción dun punto limpo en Pontedeume (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de construcción dun punto limpo en Pontedeume (A Coruña).

2.2. Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: trinta e nove millóns seiscentas oitenta mil oitenta e cinco (39.680.085) pesetas, IVE incluído (238.482,11 euros).

5. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación: setecentas noventa e tres mil seiscentas dúas (793.602) pesetas (4.769,64 euros).

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento de licitación: un millón cincocentas oitenta e sete mil duascentas tres (1.587.203) pesetas (9.539,28 euros).

7. Clasificación: grupo A, subgrupo 1 e 2, categoría C.

8. Documentación e información:

8.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións na Copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=883.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: nome do concurso.

-Nome da empresa

-Nº de teléfono.

8.2. Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública; sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente