Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

CONVOCATORIA unitaria das prazas incluídas na oferta de emprego público de 2001.

Por resolución da Alcaldía 221/2001, do 7-11-2001, aprobáronse as bases da convocatoria unitaria para a provisión das prazas incluídas na oferta de emprego público deste concello para 2001, que son as seguintes:

1º Funcionarios de carreira.

Nivel de titulación: certificado de escolaridade ou equivalente. Denominación do posto: subalterno. Número de vacantes: unha.

Nivel de titulación: certificado de escolaridade ou equivalente. Denominación do posto: operario do servicio de limpeza. Número de vacantes: dúas.

2º Persoal laboral fixo ou indefinido.

Nivel de titulación: certificado de escolaridade ou equivalente. Denominación do posto: auxiliar do servicio de axuda a domicilio. Número de vacantes: dúas.

O contido íntegro das bases atópase publicado no BOP da Coruña nº 263, do 16 de novembro de 2001, coa corrección publicada no BOP nº 273, do 28 de novembro de 2001.

O prazo de presentación de instancia será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no BOE.

Cariño, 29 de novembro de 2001.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde