Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERDIDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cerdido, reunido o día 30 de outubro de 2001, tomou coñecemento do avance do Plan xeral de ordenación municipal de Cerdido.

En cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, iníciase un período de información pública dun mes, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que estimen procedentes.

Cerdido, 5 de novembro de 2001.

Bernardino Breijo Freire

Alcalde