Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento de pagamento ó debedor que se relaciona (expediente LU-80/030, conta 35).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co esta

blecido nos artigos 1.124, 1.504, 1.501 e 1.091 do Código Civil, notifícaselle ó interesado cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, facéndoselle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselle un prazo de dez días hábiles para se pór ó día nas súas obrigas, ou compareceren na delegación provincial en trámite de audiencia, a fin de presenta-los documentos ou xustificacións que considere convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Lugo, 9 de novembro de 2001.

Eugenio Basanta Curbera

Xefe de Área Provincial de Lugo

ANEXO

Santiago Galán Díaz e María Paz Fuentes Fernández.

Expediente: LU-80/030.

Conta nº 35.

Dirección: rúa Val de Lemos, bloque C, baixo 3. 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

Importe da débeda: 2.199.425 pesetas.