Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 9 de novembro de 2001, do Servicio Provincial de Ourense, de notificación do requirimento de alegacións e relación da documentación do expediente sancionador número 32.100/00 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á empresa relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último domicilio coñecido, que así mesmo se indica) o requerimento de alegacións e relación de documentación que consta no expediente sancionador nº 32.100/00, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Posto que non presentaron alegacións contra o acordo de iniciación, este foi considerado proposta de resolución. De acordo co artigo 19.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, concédeselle un prazo de 15 días, a partir do seguinte día o da notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos pertinentes ante o instructor do procedemento (Servicio Provincial do IGC, avda. Zamora, 13, Ourense).

Expediente: 32.100/00.

Inculpado: Fepsa Galicia, S.L.

Enderezo: avda. Fernández Latorre, 28-30, 1º esq., A Coruña.

Documentación que consta no expediente: reclamación do presidente da comunidade de propietarios r/ Jesús Soria, 19, Ourense; escrito desa sociedade, contrato e orzamento; recibos de pagamento e factura 00/0295; informe de danos nas vivendas 4ª e 5ª planta da citada comunidade; requirimento a esa sociedade; acordo de iniciación do procedemento sancionador nº 32.100/00 e publicación do dito acordo.

Data do escrito de requirimento e da relación de documentos: 18-10-2001.

Ourense, 9 de novembro de 2001.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial do Instituto Galego

de Consumo