Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CORRECCIÓN de erros.-Cédula do 6 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, resolucións de expedientes de desafiuzamento por ocupación sen título legal (expediente C-83/100, conta 26).

Advertido erro no DOG do venres, 7 de decembro pasado, por cuanto esta cédula foi publicada uni

camente en galego, cómpre realizar de novo a súa publicación:

«Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento do VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, resolución do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

A dita resolución ordena o lanzamento de Josefina Ogando Piñeiro e herdeiros de Elvira Piñeiro Allegue da vivenda que ocupan, sita na avda. de Mugardos nº 27, bloque 1, P-4, baixo esq., de Ares (A Coruña), outorgando un prazo previo ó dito lanzamento de 15 días para o desaloxo voluntario da vivenda.

Transcorrido o dito prazo, o lanzamento será executado por funcionario, nomeado para o efecto, polo director xeral do IGVS, coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, e con auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 6 de novembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 23/2001 (ocupación s/ título).

Expedientado: Josefina Ogando Piñeiro e herdeiros de Elvira Piñeiro Allegue.

Último domicilio coñecido: avda. de Mugardos, nº 27, bloque 1, P-4, baixo esq. (Ares).

(Expediente C-83/100, conta 26)».