Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de novembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992 (expediente C-5-IV/75, conta 24 e outro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no epígrafe primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndoselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documen

tos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 6 de novembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Rosa Ares Otero e herdeiros de Ángeles López Rodríguez.

Expediente: C-5-IV/75 (F.P. 95/01).

Conta nº 24.

Dirección: rúa Irmandiños, 7, bloque 1, 4º esq., polígono de Vite (Santiago de Compostela).

Importe da débeda: 1.020.380 pesetas.

Antonio Moreira Croque e herdeiros.

Expediente: C-85/080 (F.P. 99/01).

Conta nº 15.

Dirección: rúa Doutor Enrique Hervada, 2, 2º B (A Coruña).

Importe da débeda: 1.988.208 pesetas.