Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 26 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación dos expedientes sancionadores OU-061/01P e dous máis, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18, 5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 26 de outubro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 061/01P.

Denunciado: Mario Rui Nunes Florin.

DNI:

Último domicilio coñecido: r/ Trazeta Pedro Nones, nº 10-3º esquerda. Ermesende. Valongo. Porto (Portugal).

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: multa de 50.001 pesetas, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

Instructora: Miriam Areal López.

Comisos: unha cana marca Silstar-Primera-Telescopic 600, sen carrete.

Destino: posto do Seprona de Lobios.

ANEXO II

Expediente: OU 108/01P.

Denunciado: Domingos Lopes Poulo.

DNI: X0316722-N.

Último domicilio coñecido: r/ Conde de los Gaitanes, nº 6-3º D, Ponferrada (León).

Feito denunciado: pescar con máis canas das permitidas (3), sendo sorprendido tamén os días 21-4 e 1-5 cometendo esta infracción.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 33.4º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 40.000 pesetas.

Instructora: Miriam Areal López.

ANEXO III

Expediente: OU 135/01P.

Denunciado: Manuel Garrido Fernández.

DNI: 34565448-J.

Último domicilio coñecido: r/ Baro Papón, 18-B A (Ourense).

Feito denunciado: pescar con máis canas das permitidas (2).

Precepto infrinxido e sancionador: art. 33.4º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 10.000 pesetas.

Instructora: Miriam Areal López.