Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 10 de decembro de 2001 Páx. 15.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 8 de novembro do 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores de incendios OU 148/01 IN e tres máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución do expediente sancionador por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en

relación coa resolución do 23 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte desta publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-

90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na delegación provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 8 de novembro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

pesetas

OU 148/01 INJosé Martíns Da Silva

DNI OR-011190

Rúa Compostela nº 16

32300 O Barco de Valdeorras (Ourense)

Abandono de vehículo PO-9702-NArt. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-01-2001 da DXM e MAN50.000

OU 170/01 INJuan Carlos Baños Rodríguez

DNI 43.680.206

Paseo Carlos I, nº 96-7º-3ª

08018 Barcelona

Abandono de vehículo B-9508-BDArt. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

OU 174/01 INMª Fátima Machado Rodríguez

DNI 76.894.631

Fuentecillas, s/n

28830 San Fernando de Henares (Madrid)

Abandono de vehículo M-0161-FDArt. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

OU 221/01 INAmancio Pardo García

DNI 34.974.130

R/ Seoane nº 14

15317 Aranga (A Coruña)

Abandono de vehículo OR-4079-HArt. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000